Escola temporal Can Rosés en Barcelona | vora

Trátase da adecuación temporal para escola da masía Can Rosés, no barrio de Lles Corts. O edificio fora reformado hai máis de 20 anos para biblioteca municipal, as fachadas rehabilitadas e a estrutura interior reconstruída. Os interiores eran diáfanos, sen case divisións interiores.

Escuela temporal Can Rosés en Barcelona vora o13

A adecuación do edificio é para unha duración de 3 anos, mentres se proxecta e constrúe unha escola nova nun solar próximo. Para alumnos de 3, 4 e 5 anos. Despois destes tres anos, a escola desmontarase.

Trátase dunha proba piloto alternativa aos barracóns (módulos prefabricados de aluguer), habitual en situacións similares. Co obxectivo de aproveitar edificios sen uso, conseguir aforro económico e ao mesmo tempo dotar de maior carácter e identidade propia ás escolas nestas fases de temporalidade.

Ocúpase o espazo con divisorias de madeira, cun deseño modular a partir de taboleiros de madeira de piñeiro de 2 cm de groso para poder fabricarse en taller e montar rapidamente (a obra realizouse en moi pouco tempo).

Na planta baixa localízanse os espazos de recepción e administración, o comedor e unha sala polivalente. O escenario desta, no centro, articula os espazos ao seu ao redor. Nas dúas plantas superiores, dúas aulas nos extremos e espazo libre no medio, para usos indeterminados, promovendo a aplicación de novas pedagoxías e educación compartida entre grupos.

A ocupación temporal da escola requiría tamén dun patio de recreo, que se conseguiu ocupando a beirarrúa diante do edificio. Colocouse un valo con malla de aceiro galvanizado, moi transparente, fixada a bancos de obra que funcionan a modo de cimento superficial. Estes bancos tamén son activadores de uso ao lado do patio, e tamén da rúa. Escaváronse tamén algunhas porcións da beirarrúa, xerando superficies con pavimentos permeables que esperamos que se acaben quedando cando se desmonte o valo.

Obra: EscOla temporal Can Rosés
Dirección: C/ Déu i Mata 57. Barcelona
Superficie construida: 960 m2
Proxecto: 2017
Obra: 2017-2018
Arquitectos proxecto: vora (Pere Buil, Toni Riba)
Colaboradores: Zoí Casimiro, Andrea Salvador, Maite Gabilondo
Proxecto instalacións: k2 consulting
Medicións e presuposto: Gerard Codina
Arquitectos obra: vora (Pere Buil)
Aparellador obra: Gerard Codina
Construtor: Faus
Promotor: Consorci d’educació de Barcelona
Fotografías: Adrià Goula
+ vora.cat

Premios

BB Construmat 2019: España, mención categoría arquitectura

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento docente, equipamiento dotacional, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , ,