Colonizar o urbano | Íñigo García Odiaga

Desde o punto de vista da arquitectura e o urbanismo, as acampadas do movemento 15M volveron a pór de actualidade diferentes ocupacións do espazo urbano, realizadas a partir de protestas sociais. A toma do espazo común por parte dos cidadáns ten un dos seus primeiros referentes na ocupación dos parques públicos das cidades alemás tras a Segunda Guerra Mundial. Coas cidades arrasadas polos bombardeos da guerra e as redes da loxística dos alimentos inoperativas, os habitantes das cidades enfrontáronse á ausencia de alimentos e vivenda ocupando os espazos verdes. Aproveitouse todo o terreo dispoñible, desde xardíns particulares, campos de deportes e parques ata calquera espazo apto para o cultivo, para colocar un pequeno barracón construído con materiais de derriba da guerra e auto abastecerse a partir de pequenas hortas. Unha boa constatación destes momentos son as fotografías dun Reichstag en ruínas cuxa chaira dianteira foi colonizada por centos de pequenas hortas. A reconstrución das cidades borrou por completo estas prácticas e a recuperación da vida urbana foi levada a cabo con fortes desaloxos e protestas nalgúns casos.

Hortas urbans frente o Reichstag. Berlín | vaumm.blogspot.com

[…]

VAUMM _ iñigo garcía odiaga _ publicado en ZAZPIKA 2011.08.14

+ artigo publicado en vaumm.blogspot.com

Íñigo García Odiaga

Arquitecto. Editor de NOMU. 1/5 del estudio de arquitectura VAUMM. Vivo en Donosti.

follow me

Arquivado en: faro, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,