Centro para instalacións, equipamentos e dotacións rurais de Torroso | Cendón Vázquez Arquitectos

CVA_Torroso_01_ext01

Foron condicionantes da intervención:

· A proximidade dos montes de Torroso, ao norte e este de o ámbito da intervención.

· A situación da parcela no límite entre o espazo natural e o límite construído do núcleo de Torroso.

· O emprazamento caracterizado pola proximidade de dotacións tales como a igrexa parroquial, o Torreiro e a casa Cultural.

· A integración da edificación na paisaxe e o tecido construído. Minimizando o impacto dos muros de contención da vivenda adxacente ao leste.

Condicionantes aos que trata de dar solución a intervención proposta:

· Se reserva en estado natural a maior parte da parcela, que servirá como “aula viva” de experimentación e exemplo de explotación dos recursos do medio rural. Tratamos de prolongar así dentro do noso ámbito de intervención a masa arborizada do monte lindante.

· A edificación concéntrase próxima á estrada PO 2601 dando continuidade ao tecido de edificacións xa existentes nesta marxe da estrada.

· Confórmase unha antesala ou praza de acceso, que se enfronta espacialmente ao Torreiro, potenciando a continuidade do tecido dos espazos públicos.

· A edificación actúa como contención e resolve así os noiros existentes na parcela. Unicamente sobresae o volume da aula para difusión do medio natural executado con prefabricados de formigón ranuradas e cuberta de aluminio anodizado, con formas sinuosas onduladas que desmaterializan o volume, buscando unha textura e imaxe neutra.

Por tanto a intervención proposta pretende ser integradora de todas as circunstancias que a rodean e resolver a súa condición de límite.

A edificación así resultante ordena a parcela, completa o tecido rural, tamizando a continuidade entre este e o espazo natural. Xa que completa o tecido de edificacións de uso público, poñendo en valor o acceso ao medio natural e os usos deste.

Obra: Centro para instalacións, equipamentos e dotacións rurais de Torroso
Emprazamento: Paraxe “O Regueriño-Poulo”, Parroquia de Torroso, Mos, Galicia, España
Arquitectos: Perfecto Cendón Domínguez e Javier Vázquez Fernández
Ano: 2012-2014
Arquitecto Técnico: Alejandro Martínez García
Promotor: C.V.M. en man común de Torroso
Constructora: Obras e Servizos Gómez Crespo
Fotografía: Manuel G Vicente
+ cendon-vazquez.com

Premios
Galardonada con premio Gran de Area 2.014
Finalista dos XVI Premios COAG

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento cultural, equipamiento dotacional, equipamiento terciario, espacio publico, obras

Tags: , , , , , , , , ,