Centro de Día Residencial en Redondela | Carlos Martínez – Ángeles Santos

O Centro de Día Residencial de Redondela é un desenvolvemento do Prototipo de Centro de Día Residencial definido anteriormente para a Rede Pública Galega de equipamentos e servizos asistenciais da Xunta de Galicia.

A adaptación do Prototipo ás características da localización obrigou a unha revisión da disposición dos diferentes bloques que o conformaban.

eascp_frr_01_ext01

O CDR de Redondela se dislocó buscando favorecer:

– O espazo do acceso principal.

– A súa posición dentro da parcela para un mellor aproveitamento dos espazos exteriores.

– O seu encaixe dentro do conxunto de vivendas unifamiliares ao percibirse fracturado, en varios corpos.

Na organización do edificio é importante a diferenciación dos espazos de circulación para o seu adecuado control e funcionamento.

En planta baixa sitúanse:

– As zonas administrativa e de servizos relacionadas directamente co vestíbulo de entrada. O corpo de cociña e lavandería cun funcionamento e acceso independizado. Desde o acceso principal un espazo a dobre altura sobre o corredor do soto permite iluminalo naturalmente.

– As zonas dos usuarios do Centro de Día formadas pola sala polivalente e sala de actividades que se engarzan ao bloque anterior. Son pezas que buscan tanto a relación entre elas como a súa expansión cara ao xardín. A circulación entre estes elementos dá lugar ao deambulatorio interior que ten a súa continuidade no deambulatorio exterior.

A planta superior acolle a zona de residencia, espazo de estar-comedor e enfermería, independente das actividades que se desenvolven no Centro de Día.

A terraza desta planta permite aos residentes con maiores dificultades poder dispoñer dun espazo exterior importante.

As habitacións organízanse en dous bloques separados polos espazos comúns o que posibilita unha diferenciación segundo as necesidades e o grao de dependencia dos residentes.

A configuración da habitación|baño, dentro das súas limitacións de superficie, defínese buscando facilitar a mobilidade dos usuarios.

Obra: Centro de Día Residencial en Redondela
Emprazamento: Porto de Cesante, Redondela, Pontevedra, Galica, España
Promotor: Consellería de Traballo e Benestar | Xunta de Galicia.
Constructora: Construcciones Conde S.A.
Autores: Ángeles Santos Vázquez, Carlos Martínez González
Colaboradores: Arquitectura, Carmen Ruíz Alarcón, Estructura, Félix L. Suárez Riestra, Instalaciones, Isabel Francos Anllo
Aparellador: Jose Luis Pardo Pérez
Xefe de Obra: Humberto Guido Boiero, Antonio Vieitez Ouviña
Encargado de Obra: Tomás Codeseda Fernández
Prototipo: marzo 2007
Ano: abril 2008 | Inicio de obra 21/05/2010 | Fin de obra 01/06/2012
Fotografías: Héctor Santos-Díez | BISimages

Premios
2013 Premio GRANDEAREA

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, equipamiento sanitario, obras

Tags: , , , , , , , , , ,