Arquitectos de campos de concentración | Jorge Gorostiza

5 (100%) 3 vote[s]

Arquitectos de campos de concentración Jorge Gorostiza

Hoxe cando crece o racismo, apoiado por grupos e partidos políticos que se aproveitan do odio para conseguir adeptos e votos, hoxe é fundamental lembrar o que sucedeu e ninguén podía crer que estaba a ocorrer, porque non se podía concibir que xente educada, pertencente a un país avanzado, culto e europeo, nin calquera ser humano, fóra capaz de concibir e realizar unha máquina de asasinar tan monstruosa como os campos de concentración.

Hoxe cando se escribe sobre cineastas e arquitectos, como «Leni» Riefenstahl e Albert Speer, con benevolencia e mesmo con admiración, non hai que esquecer que eles e varios miles de persoas máis foron culpables por acción ou por omisión deste horror, que asasino a millóns de persoas, só por pertencer a unha raza ou ter unhas crenzas políticas determinadas, pero non se pode esquecer que na actualidade outros poden (podemos?) ser igualmente culpables da situación actual.

Hai que ver outra vez o magnífico o curtametraxe Noite e néboa, dirixido por Alain Resnais en 1955, no que se fala da responsabilidade de moitos profesionais, entre eles os arquitectos, algúns antigos estudantes da Bauhaus:

«Un campo de concentración constrúese como un estadio ou un gran hotel: cos investidores, estimacións, coa competencia e sen dúbida, algún que outro suborno. Non hai ningún estilo específico, déixase á imaxinación. Estilo alpino, estilo garaxe, estilo xaponés, sen estilo…

Os arquitectos deseñan tranquilamente as portas destinadas a franquearse unha soa vez. Mentres tanto, Burger, un obreiro alemán; Stern, un estudante xudeu en Amsterdam; Schmulski, un comerciante en Cracovia; e Anette, unha estudante en Bordeus, ocúpanse da súa vida cotiá, sen saber que a mil quilómetros das súas casas xa teñen unha praza asignada.

E o día que os seus bloques están acabados, o único que falta, son eles».

Haberá hoxe prazas asignadas?

Jorge Gorostiza, Doutor arquitecto.
Santa Cruz de Tenerife, xullo 2018
Autor do blogue Arquitectura+Cine+Ciudad

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: arquitectos, arte, capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , ,