Acústica Visual. A modernidade de Julius Shulman

Acústica visual estreouse con grande aclamación en Los Angeles Film Festival, Festival Internacional du filme sur l’Art, Los Angeles County Museum of Art, Museo de Arte Kimbell e a Sede Mundial de Apple (Cupertino). Obtivo múltiples premios ao Mellor Documental no Festival Internacional de Cine de Palm Springs, Festival de Cine de Austin, Festival de Cine de Lone Star e Festival de Cine de Newport Beach.

ARQUITECTO. FOTÓGRAFO: Julius Shulman (1910-2009)
Foi un dos principais fotógrafos de arquitectura do século xx. Naturalista, educador e comentarista da forma urbana. Shulman desenvolveu unha estreita relación cos arquitectos do Movemento Moderno, principalmente cos que traballaban no sur de California, como Gregory Ain, John Lautner, Richard Neutra e R.M. Schindler. Shulman tamén capturou o traballo de case todos os arquitectos americanos modernos e progresistas dende 1936, incluíndo Frank Lloyd Wright e Frank Gehry. Autor prolífico, consultor, conferenciante, expositor e editor do seu propio e vasto arquivo, Shulman mantívose activo ata o seu falecemento en xullo de 2009.

REALIZADOR. Eric Bricker (An Out of the Box Production)
Actor e director de cine, foi destacado polas súas realizacións Visual Acoustics (2008), Destination Vegas (1995) e Caged Hearts (1996). Out of the Box Productions se funda por Lisa Hughes, tamén produtora executiva e coguionista de Visual Acoustics.

“Considero Julius Shulman o meu mentor e amigo. Poucas persoas tiveron un impacto tan profundo na miña vida como el. Dúas cousas foron evidentes na miña primeira reunión con Julius na primavera de 1999: en primeiro lugar, que a fotografía creada polo home non é nada menos que un feito asombroso, e segundo, que o propio Julius era tan impresionante como a obra que el creou.”

Durante o seu período en Los Ángeles, Eric dirixe a súa atención á produción de cine e televisión, traballando con talentos como Jerry Seinfeld e Alec Baldwin. Nesa época crea a súa firma Artistic Designs Unlimited, unha consultoría técnica na que desenvolve unha comprensión das necesidades espaciais dos clientes, que traduce a obras de arte orixinais e que lle permite desenvolver un maior vocabulario visual e o sentido do deseño.

AUTOR DO LIBRETO. Will Paice
Coprodutor de Visual Acoustics, director de cine, escritor e asesor de estratexias online establecido no Reino Unido. Tras involucrarse en varias empresas da industria do cine en Londres, Will mudouse a Los Ángeles en 1997 para xestionar e presidir a sede de Panavision en Hollywood. A partir de 2003 dedícase a outros intereses relacionados co cine, a arquitectura e a propiedade.

Durante máis de quince anos estivo moi involucrado na conservación de obras relevantes da arquitectura de mediados de século xx, especialmente na arquitectura residencial de Los Ángeles, Palm Springs e o sur de California. Foi na Palm Springs Modernism Week en 2004 cando Will coñeceu a Julius Shulman e tivo coñecemento da realización do documental Visual Acoustics, que finalmente coproduciu.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: catalogos, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,