Da árbore á cadeira

Del árbol a la silla Ciudad de la Cultura

O Museo Centro Gaiás inaugurou o 7 de abril a nova exposición da Cidade da Cultura que levará por título Da árbore á cadeira. A madeira e a súas artes. Comisariada polo arquitecto Carlos Seone, a mostra dirixirá a ollada dos visitantes cara á riqueza ambiental dos bosques,  a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e ao deseño contemporáneo do moble.

Da árbore á cadeira propón unha viaxe emocional da materia ao produto, da madeira ao mobiliario doméstico. Este percorrido comeza nos propios bosques galegos, baixo a ollada de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, Xosé Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez;  grandes artistas plásticos como Castelao, Seoane, Maside e figuras contemporáneas como Pamen Pereira ou Jorge Perianes.

Nunha segunda etapa deste percorrido, a exposición ofrece unha viaxe polo deseño desde os pioneiros (Isaac Díaz Pardo, Alejandro e Jesús de la Sota e Xosé Bar Bóo) ate os contemporáneos, entre os que se atopan moitos dos grandes arquitectos e deseñadores galegos, como Manuel Gallego Jorreto, Irisarri e Piñera, Noguerol e Díaz, Iago Seara, Carlos Quintás, Creus e Carrasco, Tomás Alonso, Elías Cueto, Lucía Buceta ou Iñaki Leite.

Da árbore á cadeira
7 Abr – 5 Nov 2017
De 10:00 a 20:00
Museo Centro Gaiás
Santiago de Compostela, Galicia, España

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,