VAD. veredes, arquitectura e divulgación

5 (100%) 3 vote[s]

VAD. veredes, arquitectura y divulgación

VAD. veredes, arquitectura e divulgación é unha revista científica internacional de periodicidade semestral e formato dixital que pretende ser unha canle de difusión de traballos e reflexións centrados na cultura, a teoría e o proxecto de arquitectura.

VAD. veredes, arquitectura e divulgación acepta para a súa revisión e posible publicación artigos científicos (4000-5000 palabras), críticas de arquitectura (500-800 palabras) e recensións de libros (400-500 palabras) propios dos campos de investigación, segundo a súa nomenclatura UNESCO:

– 5506 Historia: por especialidades: Historia da arquitectura.

– 6201 Arquitectura: Deseño arquitectónico, Xardíns e parques, Urbanismo.

Avaliaranse unicamente contidos orixinais en español e inglés non publicados anteriormente, aspirando a alcanzar a maior calidade posible nos traballos, aplicando para iso os procedementos habituais nas revistas científicas. A valoración dos revisores externos incidirá no interese do artigo, o xuízo crítico desenvolto, os referentes bibliográficos manexados, a calidade da redacción, así como a súa contribución ao coñecemento no ámbito da historia, da teoría e do deseño arquitectónico e urbano.

VAD. veredes, arquitectura y divulgación ofrece acceso aberto a todo o contido publicado, co obxectivo de potenciar unha investigación gratuíta e accesible a todo o mundo, apoiando así un intercambio de coñecemento global. Publícase baixo o sistema de licenzas “Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0″ (CC- by- nc), cumprindo coa definición de acceso aberto da declaración de Budapest a favor do acceso aberto.

Como todo novo proxecto non estará exento de obstáculos a superar polo que che pedimos amable lector que teñas paciencia e que nos axudes a mellorar aos poucos. Esperamos crecer e a mellor forma facelo é na vosa compañía e co voso apoio.

Por último e non menos importante, é dar as grazas tanto aos membros públicos actuais que forman VAD. veredes, arquitectura e divulgación como aos que tras os focos fan posible que estes inicios sexan menos duros.

E con esta cita de Louis I. Kahn…

“Amo os inicios. Os inicios énchenme de marabilla. Eu creo que o inicio é o que garante a consecución. Se esta non ten lugar, nada podería nin querería existir. Teño un gran respecto pola instrución porque é unha inspiración fundamental. (…) A vontade de aprender, o desexo de aprender, é unha das maiores aspiracións. Non me emociona en igual medida a educación. Aprender está ben, pero a educación é algo que sempre está en discusión porque ningún sistema consegue captar xamais o verdadeiro significado de aprender”.

…comezamos….

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , ,