Segredos da arquitectura · Curso de interpretación da arquitectura

Dende o 10 de Outubro de 2013 ata o 5 de Xuño de 2014, terá lugar na Fundación Luis Seoane o curso Secretos da Arquitectura.

Tras a primeira edición, o club de arquitectura da Fundación Luis Seoane propón unha segunda volta. Trátase dunha iniciativa que reunirá ao longo de oito meses a un conxunto excepcional de profesionais que analizarán aspectos básicos da arquitectura e o urbanismo, a historia da arquitectura e a súa pegada na armazón social e económica, así como a súa relación coa arte, a didáctica ou a natureza; o paisaxismo, edificios e obras célebres dende o punto de vista arquitectónico, o espazo e o seu uso, a relación entre arquitectura e xénero ou o seu papel como mecanismo de reacción social, etc.

Segredos da arquitectura toma xa dende a súa primeira edición como punto de partida a publicación do libro La historia secreta dos edificios dun dos arquitectos máis importantes do noso país, Ricardo Aroca, para estudar como a arquitectura establece conexións con case todos os aspectos que configuran o noso mundo, como a arte, a economía, a sociedade ou a política. Para iso, este club de arquitectura coordinado polo arquitecto Fermín Blanco conseguiu reunir a un grupo excepcional de arquitectos de diferentes xeracións como Juán Domingo Santos, José Ramón Soraluce, Fernando Agrasar, Santiago Cirugeda, Manuel Gallego Jorreto, Juan Creus, Covadonga Carrasco, Andrés Fernández Albalat, Arturo Franco Taboada ou Fernando Blanco, así como profesionais doutros ámbitos como o historiador Jesús Giráldez, o fotógrafo Juán de la Sota ou a artista Carme Nogueira entre outros moitos.

A estrutura deste club de arquitectura xira en torno a trinta sesións de 90 minutos mantendo todas un formato de dúas conferencias de 45 minutos. As clases terán lugar todos os xoves, agás festivos, ás 19:30. O prezo da matrícula é de 100 euros, cun desconto do 50% para estudantes (udc), arquitectos colexiados (COAG), desempregados e xubilados.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,