Revolución urbana e dereitos cidadáns


Aborda as cuestións do urbanismo, da cidade como espazo público e a cidadanía como status que asigna dereitos e deberes iguais a todas as persoas que conviven nun territorio. Examina, de forma crítica, como as pautas de urbanización dominantes negan a vocación democrática igualitaria e solidaria da cidade desexada.

Expón “o dereito á cidade” como concepto analítico e crítico da urbanización, e como concepto integrador das estratexias e accións de resistencia ás pautas urbanizadoras dominantes.

9788420678542

Poucos libros se nutren como este da experiencia do autor en cargos públicos e en movementos sociais, así como da súa formación académica e a súa práctica profesional. Salvando o desfase entre as disciplinas académicas especializadas e a realidade multidimensional do urbano, todas estas facetas combínanse en Revolución urbana e dereitos cidadáns, que aborda cuestións fundamentais do urbanismo, da cidade como espazo público e a cidadanía como status que asigna deberes e dereitos iguais a todas as persoas que conviven nun territorio.

Así mesmo, examina criticamente como as pautas de urbanización dominantes negan a vocación democrática igualitaria e solidaria da cidade desexada. Por último, expón “o dereito á cidade” como concepto analítico e crítico da urbanización, e como concepto integrador das estratexias e accións de resistencia ás pautas urbanizadoras dominantes.

“O dereito á cidade ten a calidade de integrar os dereitos que citamos anteriormente: á vivenda, ao espazo público, ao acceso á centraliade, á mobilidade, á visibilidade no tecido urbano, á identidade do lugar, etc. Pero o seu exercicio require incidir no proceso de acumulación de capital. Por exemplo un banco hipotecario público potente, a publificación do chan urbano e urbanizable, unha lexislación urbanística e fiscal que yugule a especulación e garanta a mestura social, etc. A súa eficacia dependerá de que se consigan todos á vez así como novos “novos dereitos” de carácter socio-económico e político como a educación pública e a formación continuada, a renda básica, os mesmos dereitos políticos e sociais para todos os residentes, etc. Trátase de xerar un salario cidadán complexo que reduza radicalmente a plusvalía xerada pola urbanización. Utilizamos o concepto de dereitos cidadáns e non “dereitos humanos” para vinculalos aos dereitos e deberes que configuran o estatuto de cidadán. A esixencia de dereitos é unha cuestión clave cando se vive un cambio de época. Se non se loita e non se conseguen os novos dereitos que esixe a sociedade actual, prodúcese unha regresión democrática. Que é o que está a acontecer na actualidade.”

Editado por: Alianza Editorial, Madrid
Idioma: castelán
ISBN: 978- 84- 206- 7854-2
Ano: 2013
Autor: Jordi Borja

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , ,