Repulsión bélica | Marcelo Gardinetti

1. Guernica.  picasso.org
Guernica | Fonte: picasso.org

O Guernica de Picasso representa un acontecemento histórico que expresa a concluínte manifestación da arte contra a violencia representada polo desvastador bombardeo da forza aérea alemá sobre territorio vasco durante a guerra civil española. A obra fai explícita a desdita da guerra e o sufrimento dos habitantes civís da cidade de Guernika, vítimas inocentes da agresión.

En abril de 1937, Picasso encontrábase traballando nunha obra mural, atendendo un encargo do goberno republicano español para exhibir na Exposición de París a celebrarse a mediados dese ano. O día 26 dese mes, avións de guerra alemáns, que prestaban apoio material ás tropas nacionalistas bombardearon durante dúas horas a cidade de Guernika. O feito transcende en París a través dos medios de prensa e as manifestacións de repudio dos españois residentes.

Guernica despues del bombardeo, 1937
Guernica despois do bombardeo, 1937

Conmovido polas imaxes da destrución, Picasso decide abandonar a idea orixinal e o 1 de maio inicia o Guernica. A obra pintada ao óleo sobre un lenzo de 7,81 metros de ancho por 3,50 metros de alto, combina tons de azul, branco e negro. A escaseza de cores fai máis intenso o relato e aseméllao a un drama fotográfico.

As figuras dominantes na obra simbolizan feitos antagónicos. O touro significa a brutalidade das ditaduras vixentes, o cabalo representa o pobo de Guernika e a luz á verdade. A obra expúxose en París e posteriormente viaxou por varios países, cumprindo o desexo de Picasso: que a obra non chegase a España ata tanto non estivese restablecida a democracia. En 1981 o Guernica chegou a España para aloxarse definitivamente no Museo Raiña Sofía de Madrid.

Guernica. Dora Maar
Guernica. Dora Maar

Guernica é un manifesto contra a irracionalidade e a violencia. Como declarou Picasso en 1937:

“Na pintura mural na que estou a traballar, e que titularei Guernica, e en todas as miñas últimas obras expreso claramente a miña repulsión cara á casta militar que sumiu a España nun océano de dor e morte.”

Guernica. Museo Reina Sofía, Madrid
Guernica. Museo Reina Sofía, Madrid

Marcelo Gardinetti. Arquitecto
La Plata, Argentina. Octubre 2015

Marcelo Gardinetti

No voy a hablar de la penumbra, mejor voy a ver si puedo despertar.

follow me

Arquivado en: arte, capturas, Marcelo Gardinetti, pintura

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,