¿Que acabado che poño? | Pedro Hernández

Fotografía: Lucy Nieto

Recientemente no blogue de A Cidade Viva apareceron un par de post que teñen dado que pensar e quería transmitir un intento de relación de conceptos que me apareceron.

Todo empeza ca entrevista de Stepien e Barno a Alexandre Aravena, onde preguntan:

Pregunta: Está claro que o modelo Elemental funciona excelentemente en América Latina ¿Cres que se podería trasladar tamén a Europa? ¿Que cuestións se deberían ter en conta?

Resposta: A miña resposta é “si”, a intuición dime que é posible, pero habería que estudar “como”. Ademais, en vez de concretalo como unha metodoloxía en abstracto, a verdadeira resposta vai vir despois de realizar un caso concreto.

De feito, estamos a desenvolver agora un proxecto en Portugal e a resposta vai vir despois de habelo realizado.En o caso de Elemental, non sabiamos a priori, que en lugar de facer unha casa barata, era necesario facer a metade dunha casa boa. Resolvendo o caso de Portugal, damos resposta a situacións parecidas noutras cidades europeas. A través deste proxecto, estamos a intentar solucionar un nproblema ao que non chega ningunha política pública neste momento.

Teño a sorte de ter vivido un intercambio como estudante en Chile e de ter asistido a unha das conferencias da. Aravena onde explicaba o proxecto ELEMENTAL.

Curiosamente é a mesma pregunta que eu me fixen no seu momento, pero que non puiden facer nese momento.Mi conclusión particular é curiosamente que non é trasladable, ou, corrixíndome, non de xeito directo.

E explícome. No contexto de Chile dáse a particularidade que cuestións como a autoconstrución nesa sociedade está á orde do día (especialmente no sector de poboación ao que vai dirixido proxectos como o de Iquique). Nese contexto, a arquitectura pasa por eliminar o superfluo e ofrecer unha boa cimentación. Isto é, máis que construír unha casa barata, constrúese coas posibilidades económicas das que se dispón aquilo que no futuro permita a revalorarización económica da construción. Como anécdota, recordo como Aravena falaba que cunha mesma superficie nun baño e con só unha determinada colocación das instalacións, o usuario podería cambiar unha ducha por unha bañeira, sen con iso facer grandes esforzos económicos.

Por este motivo as edificacións de elemental aparecen sen acabados interiores e sen completar na súa totalidade coa expectativa de que sexa o propio usuario quen remate a construción ao longo dos anos.

Non obstante, se pensamos na vivenda social dentro do contexto español (ou europeo) todo cambia: para empezar o sector de poboación ao que vai dirixido (sectores moi concretos como anciáns ou mozos en aluguer), a tipoloxía, desaparecen os temas de autoconstrución, etc.

E mesmo se puiden dicir que o que se busca no mercado son, en contraposición ao caso chileno, uns “bos acabados” (ou acaso non é o único que unha inmobiliaria deixa elixir os seus futuros propietarios).

¿Cara a onde pode dirixirse entón a vivenda? Seguindo outro post de A Cidade Viva (Open Building no s.XXI de Israel Nagore), unha solución pode pasar polo desenvolvemento dunha industrialización dos compoñentes do edificio que outorguen flexibilidade á construción e a posibles reformas posteriores.La idea non é mala sempre e cando se superen un par de tópicos.

Primeiro. ¿Cantas veces oímos as críticas a sistemas como o carton-xeso por que “soa oco”? Existe unha tendencia xeneralizada de que certos sistemas prefabricados son incapaces de competir cos de obra húmida, e se non recorden o famoso slogan de “paredes de ladrillo, paredes de verdade”.

Segundo. ¿Canto decide o usuario antes da compra da vivenda? É importante eliminar tamén que a vivenda colectiva é algo que só se compra e os usuarios non deciden nada sobre ela (agás os xa mencionados acabados). Xorxe Toledo (@eldelacajita) no seu PFC creaba un viveiro de inciativas arquitectónicas que tiña como obxecto repensar o modelo de xestión-produción da vivenda privada.

No seu texto Propostas para unha arquitectura 2.0, Jorge comenta que un dos puntos fundamentais pasa a ser a participación do usuario/promotor, onde “o usuario pasaría a ser parte activa e insubstituíble do proceso de posta en marcha e deseño. Isto, bastante válido dende sempre para encargos particulares tradicionais, non foi correctamente extrapolado á vivenda colectiva”

A solución, posiblemente, non só pasa pola facer entender á sociedade a validez do uso de tecnoloxías determinadas, senón tamén por facer desaprender o cliente que é un elemento alleo do proceso de produción da súa vivenda.

Se é evidente que numerosos discursos actuais aluden que só dende unha posición activa como cidadán se pode xerar cidade e condición de comunidade. Sería bonito poder trasladalo á vivenda colectiva, onde máis que o binomio Cliente-Vendedor, poidamos falar en termos de colectividade.

Pedro Hernández · arquitecto

ciudad de méxico. xaneiro 2014

Soy arquitecto por la Universidad de Alicante, pero mi interés sobre esta disciplina se encuentra alejado de su papel tradicional de diseño de espacios. Más bien, me interesa entender cómo las representaciones de la arquitectura, el paisaje, el diseño o el territorio construyen y materializan determinados discursos ideológicos, imponiendo posturas, subjetividades y formas de acción sobre los cuerpos que la habitan.

En mi trabajo edito estos discursos –sus imágenes, sus historias o sus restos materiales– y reelaboro comentarios críticos que ponen en evidencia sus controversias y contradicciones, formalizándolos en diversos formatos como textos, fotografías, vídeos, objetos o instalaciones, muchas veces entrecruzados entre sí.

He publicado artículos y ensayos en diversos medios de Estados Unidos, Italia, Croacia, España, Chile y México. Desde enero de 2013-2018 residí en la Ciudad de México donde trabajaba como coordinador de contenidos en Arquine. Actualmente resido en Madrid.

follow me

Arquivado en: artigos, Pedro Hérnandez Martínez

Tags: , , , , , , , , , , ,