Presentación do libro “Deseo de Ciudad”

Vivimos momentos de indecisiones e incertezas, pero tamén de ideas novas que poden impulsarnos cara a importantes cambios. Non nos deixemos levar pola inercia e apostemos por unha innovación arquitectónica clara e rotunda. Os colectivos, arquitectos e arquitectas que se presentan neste libro, así o fan e os seus traballos e actuacións pódennos servir de referente.

Formamos parte dun mundo distinto ao que ata agora coñeciamos. Un mundo de fluxos, redes e novas tecnoloxías. Contamos coas ferramentas e cos medios para realizar importantes transformacións nos espazos nos que nos desenvolvemos. Aproveitemos esta oportunidade.

Presentación do libro “Desexo de Cidade” na Escola de Arquitectura de Barcelona o día 8 de maio ás 13,00 h. Aula CB2.

Presenta o acto: Zaida Muxí, arquitecta.

Os colectivos, arquitectos / as e teóricos representados son: A pie, Agnieska Stepien y Lorenzo Barnó, Albacete Plural, Basurama, Bici Crítica, Carlos Taibo, Club de los Debates Urbanos, Desayuno con Viandantes, Ecosistema Urbano, Esto es una Plaza, Esto no es un Solar, Estudio Ruiz Larrea, Habitar, Hiria Kolectiboa, Juan Freire, La Mujer Construye, Medialab Prado, Recetas Urbanas, Salvem el Cabanyal, Todo por la Praxis e Unarbolismo.

Edita: Mandala Ediciones.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,