Premios Manuel Gómez Román 2013

O proxecto de rehabilitación do Centro de Recursos para Persoas con Minusvalidez de Silleda, a cargo do estudo Arrokabe Arquitectos, e o proxecto de reintegración do patrimonio cultural da Chaínza (Noia), do estudo Salgado e Liñares, foron elixidos polo xurado da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda ‘Setestrelo’ como gañadores da cuarta edición dos premios ‘Manuel Vázquez Román’.

Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade | ARKB-Arrokabe arquitectos

Estes premios anuais, que se dividen nas modalidades de ‘Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas’, que gañou o traballo de Silleda, e ‘Construción adxectivas rehabilitadas ou reconstruídas’, coa elección do proxecto noiés, pretenden poñer en valor a rehabilitación do patrimonio arquitectónico galego.

Reintegración urbana do patrimonio cultural de A Chaínza (fase1) | Salgado+Liñares

Segundo informou o xurado, integrado, entre outros, polo presidente de Setestrelo, Francisco Nóvoa, ou o alcalde de Maceda, Xabier Oviedo, recoñeceuse o traballo do Centro de Recursos para Persoas con Minusvalidez por ‘definir claramente unha construción rural sen distorsionar as peculiaridades sociais da obra’. En canto ao proxecto da Chaínza, o xurado gabou ‘a calidade da intervención global e o mimo nos detalles’.

Fundación Rubido Romero | Abalo Alonso Arquitectos

Setestrelo quixo facer ademais unha mención especial ao proxecto da Fundación Rubido Romero no Lugar de Padín (Negreira).

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , ,