Peter Greenaway (II). Arquitectos e Cineastas | Jorge Gorostiza

Peter Greenaway

Na serie de textos que denominei Arquitectos e Cineastas, que relacionan as dúas profesións, fun publicando algúns de directores, como Ingmar Bergman, Walerian Borowcyk, René Clair, John Ford, Amos Gitai y Raúl Ruiz, Dziga Vertov; dunha actriz, Viola Dana e un investigador, Sigfried Giedion, así como publiquei no seu momento un escrito por Peter Greenaway.

Agora estou a preparar unha conferencia titulada Peter Greenaway, mente e ventre, para o Festival Internacional de Cine Gastronómico Cidade de La Laguna (Tenerife), CineEsCena, e atopei as seguintes declaracións de Greenaway sobre este mesmo tema:

«É un lugar común deste século, que doadamente é posible evitar mirar unha pintura ou mesmo ler literatura, pero é moi difícil evitar enfrontarse dalgún xeito coa arquitectura. Gústame pensar que, se se me permite ser tan arrogante, é posible comparar o traballo dun director de cine co dun arquitecto. Ambos os dous temos que render contas aos nosos patrocinadores e ao home da rúa, pero tamén temos que cumprir connosco mesmos e co noso concepto da cultura. Estaría demasiado preto de casa, obviamente, se fixese unha película sobre un director de cine, polo que no fondo da miña mente estiven a buscar dende hai algún tempo encontrar un paralelismo apropiado».

Greenaway ademais declaraba o seguinte en canto ás relacións entre a arquitectura e a filosofía:

«O arquitecto debe ter coñecementos e unha forte conciencia de todo o que o rodea. Un personaxe di na película [O ventre dun arquitecto]: que el necesita saber sobre a literatura, arte e o prezo do pan, pero por riba de todo o que debe, como Le Corbusier, é ser consciente das consecuencias da suma de todas as cifras xuntas».

Así sexa ou debera ser.

Jorge Gorostiza, arquitecto. Autor do blogue Arquitectura+Cine+Ciudad

Santa Cruz de Tenerife, novembro 2012

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,