Parking público El Carbonero | CiO estudio

O proxecto, consistente na remodelación dun antiga estación de autobuses para o seu novo uso como aparcadoiro de rotación, parte duns condicionantes complexos: unha normativa urbanística moi restritiva, unha xeometría de parcela irregular e un presuposto moi limitado.

A principal premisa proxectual foi sen dúbida a funcionalidade, pero ao mesmo tempo, tomamos cada un dos retos como unha oportunidade para dar “lebre por gato” e levar máis alá as expectativas mediante solucións creativas e o coidado deseño de todos os elementos que conforman o proxecto: estrutura, iluminación, instalacións, sinalética, etc.

A estación de autobuses Del carbonero de Oviedo foi construída en 1970. O edificio albergada seis plantas de vivendas destinadas aos traballadores da empresa nas plantas superiores mentres que nas plantas baixa e soto se localizada a estación. No patio de mazá da parcela situábanse as dársenas.

Cando a estación cesou a súa actividade en 2007, a empresa El Carbonero S.A, propietaria dos locais, decidiu habilitar estes para o seu novo uso como aparcadoiro público de rotación.

O proxecto formula unhas importantes restricións de partida: unha parcela con xeometría moi irregular, importantes limitacións acústicas debido á existencia de edificios residenciais lindantes, estritas limitacións de altura definidas na normativa urbanística e un limitado presuposto de €250/m2. O estudo xeotécnico definiu o firme a unha profundidade media de 4 m.

En primeiro lugar defínese un esquema de distribución óptima, fixando en 70 o número mínimo de prazas a considerar en proxecto, incluíndo dúas prazas adaptadas, un mínimo de 10 prazas grandes, viais de 5 m e raios de xiro de 6 m.

Mediante o sistema de planos acoutados definiuse a xeometría de cuberta adaptada ao perímetro irregular do patio, formada por 5 faldróns de pendentes iguais do 7% que cumprían os límites de altura definidos na norma e optimizaban o volume máximo construíble. Determínase o uso de panel sándwich acústico como material de cuberta, cunha porcentaxe de policarbonato definido polo estudo acústico para a entrada de luz natural e a redución do consumo eléctrico.

En colaboración con Francisco Mena deséñase unha estrutura metálica para o soporte de cuberta formada por dous niveis estruturais de cerchas de tubo de aceiro, salvando luces de ata 28 m. A posición dos únicos 11 piares adaptouse á distribución das prazas e á xeometría da cuberta, creando un espazo diáfano e funcional. A cantidade de aceiro empregado foi de 14,5 Kg/m2, conseguindo unha redución aproximada do 30% no custo da estrutura en relación cunha estrutura convencional de vigas e piares metálicos con luces de 7 m.

Obra: Parking Público El Carbonero
Autores: CiO estudio (Japi Contonente e Sara Ojanguren arquitectos)
Colaboradores: Francisco Mena
Ano: 2014
Emprazamento: Oviedo, España
Empresa constructora: Construcciones Emilio Cueto S.L.
Presuposto: 575,000€
Superficie: 2300m2
Custe: 250€/m2
Fotografía: Daniel Ojanguren e CiO estudio
+ cioestudio.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, espacio publico, intervención urbana, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , ,