"Para muestra, un botón"

“Para mostra, un botón” é unha idea de Luz Verde Eventos e Comunicación que pola súa parte é quen esta levando a cabo a organización do evento. Deixámosvos a súa páxina web e o seu blog.

Durante toda a noite poderedes ver as coleccións destes 3 grandes fotógrafos: Susana Ríos, Xosé Duran e Carlos Rodríguez.

Nada máis comezar o evento poderedes asistir da man de Judit Iglesias (gañadora de GH9) á presentación de Funeral Party, plataforma de carácter artístico e cultural que dá soporte e promoción a traballos e actividades desta índole (música, cine, fotografía, literatura, danza, moda…). Por outra banda, Judit estará este sábado 13 ás 9h (luns 15 ás 17h) en radiofusion concedendo unha entrevista en que falará sobre a web e o evento.

Logo virán os desfiles de Peka’s World cuxa tenda-taller está en Calle Orzan 156. Neste desfile tamén participará Miraparamin unha óptica que poderedes encontrar en cálea Cordoaría nº 1.

A continuación By Basi presentaranos a súa nova colección de roupa que podedes encontrar en cálea Francisco Mariño á altura da Plaza de Pontevedra.

En ambos os dous desfiles as modelos irán maquilladas e peiteadas por Sabea Dobarro propietaria de Russian Rede.

Anabel do Río dará paso á sección musical do evento. Anabel presentaranos as súas cancións acompañadas tan só por un piano. Logo subirán ao escenario Spinning Jenny grupo coruñes con influencias que van desde Nirvana ou Pearl Jam ata o potente lirismo de Muse ou a intimidade de Radiohead e Coldplay. Seguirálles o potente directo deKung Fu Fighters grupo homenaxe a Foo Fighters. E para terminar a noite, nada mellor que o Tex Mex máis fresco dos Mezcales de San Antonio.

E non esquezádesvos que ao longo de toda a noite teredes sorteos dos nosos colaboradores: riazor.org, Rockbox, A Vella Escola, e dos participantes Funeral Party, Susana Ríos, Miraparamin e Carla Pariente. E o reparto de descontos de Meriendacena.

+ http://fiestaparamuestraunboton.blogspot.com/

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, ferias

Tags: , , ,