Oficinas Possum | ARKB-Arrokabe arquitectos

Arrokabe_Oficinas_Possum_10

O novo local atópase na planta segunda dun edificio exento destinado integramente a oficinas.  O espazo non fora ocupado en ningún momento e por tanto non estaba acondicionado. Unicamente contaba cuns aseos nun dos extremos  e  a “infraestructura” básica que proporciona o propio edificio, (envolvente exterior,  espazos comúns e instalacións xerais).

A intervención consiste nunha obra de interiorismo que serve para acoller diferentes espazos de traballo dunha empresa de servizos dedicada á intermediación e optimización de recursos comerciais. Precisábase por tanto de zonas de traballo variadas, algunhas delas con posibilidade de ser modificadas en función da carga de traballo e a actividade concretas. De entrada  requiríase  unha zona de recepción,  zonas comúns con servizos compartidos, despachos individuais e dobres, zonas de reunión, espazos abertos para teletraballo e unha sala de descanso.

Na proposta mantense a disposición dos aseos, axustando a súa dimensión. Tendo en conta  a forma da planta, practicamente un cadrado con xanelas en tres dos lados (fachadas sur, leste e oeste), exponse un espazo central ao que se accede directamente, e que a través dun tratamento diferenciado do seu límite perimetral preséntase como o  espazo representativo da empresa. Este cerramento interior gaña espesor  integrando, ademais da estrutura vertical existente, as novas instalacións, zonas de almacenamento e carpinterías interiores acristaladas que resolven o acceso e a relación visual entre  os diferentes espazos. Define toda a organización espacial e funcional, e preséntase como  unha pel de madeira cuxa xeometría, materialidad e sistema construtivo, cualifica o espazo central establecendo unha relación que contrasta cos espazos perimetrales, máis luminosos e con vistas.

Obra: Oficinas Possum
Emprazamento: Santiago de Compostela. España
Ano: 2016
Autores: ARROKABE Arquitectos SLP (Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela)
Fotografías: ARROKABE Arquitectos SLP | Luis Díaz Díaz
+ arrokabe.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento terciario, obras, reforma interior

Tags: , , , , , , , , ,