Módulo de aseos público en O Salgueiral | Muiños+Otero

Antecedentes_

No paseo fluvial do Avia, ao seu paso por Leiro, plantéxase a realización duns aseos de uso público no magnífico enclave natural do Salgueiral, posto que se trata dunha zona con gran afluencia turística, así como paso obrigado dunha das rutas de sendeirismo. A premisa básica da intervención será a integración coa natureza, e a búsqueda dunha relación armónica, pero con certo contraste entre a peza a executar e o contorno. Téntase que esta pequena edificación actúe coma elemento escultórico funcional, ás beiras do río Avia.

Construcción_

O reto á hora de planificar a execución, foi estandarizar o proceso de construcción debido ao reducido prazo de execución de dous meses. Planificouse a realización da carcasa de aceiro corten en taller simultáneamente á construcción “in situ” dos testeiros e cimentación en formigón armado.

Sustentación_

Estructura como cerramento, formada por unha sucesión de escamas anulares que funcionan como pórticos autosustentables. Os testeiros de formigón armado arriostran a envolvente de aceiro evitando a súa deformación. A cimentación está formada por un sistema de puzos de cimentación de formigón ciclópeo, zapatas illadas e un anel de atado, de formigón armado.

Implantación_

Os factores que condicionaron a ubicación foron a iluminación natural, soleamento e a evacuación das augas fluviais en caso de medras, xa que a edificación atópase en área inundable.

A pel permeable do módulo de aseos, facilita o seu funcionamento bioclimático. Concíbese como un elemento prefabricado fácilmente implantable, debido á existencia de servicios de infraestructuras urbanas.

A árbore_

Mantéñense as árbores do contorno, conservándose incluso unha situada na rampla de acceso aos aseos, polo que se quebra a peza de acceso. Conséguese que a actuación abrace a árbore, e que ésta pase a formar parte do propio edificio, para lograr a integración no medio.

A escala_

Trátase da inserción dun elemento infinitesimal, en relación a un contorno natural exuberante, e cunha gran verticalidade. Textura e xeometría son aliados para dotar de certa singularidade á intervención, nun xogo de escalas desigual.

_Antivandalismo e ausencia de mantemento

A pel garantiza a seguridade ante actos vandálicos. A modo de armadura, a coraza de elementos anulares compactos separados, conxuga a permeabilidade e a resistencia a través da xeometría variable. Óptase por acabados automantibles, como o aceiro corten, e muros de formigón visto tratados con resinas epoxi transparentes, hidrofugantes e antigraffitis.

_A luz

A luz será un material máis, estudándose nun sentido bidireccional, dende o interior ao exterior e viceversa. A luz exterior tamizase, funcionando a pel do edificio como a follaxe das árbores, que regula a súa entrada. A iluminación interior realizase únicamente con luminarias LED de baixo consumo, bañando os paramentos tanxencialmente. A lectura nocturna do edificio é a dun elemento lanterna que se integra na paisaxe do Salgueiral, cos intersticios entre as branquia a modo de fíos verticais de luz.

_Funcionamento bioclimático

A propia pel do módulo de aseos é permeable, ademáis de autoportante, o que facilita o seu funcionamento bioclimático, posto que asegura a súa ventilación natural, e búsqueda do soleamento, e a xeometría en Z de cada pórtico facilita a recollida e evacuación das augas pluviais de forma natural.

_Área inundable_adaptación anfibia

Plantéxase a branquia aberta para facilitar o paso das augas do río Avia. Tabiquería interior separada do chan e do teito.

_Elemento escultórico funcional permeable

Xogo de luces e sombras coa disposición das costelas portantes. As pregaduras regulan a permeabilidade á luz, á auga e ao paso do aire. Peza escultórica no medio do bosque, que soluciona unha necesidade no lugar.

_Estandarización

Execútase toda a envolvente mediante o uso de pezas de chapa pregadas en Z para formación dos pórticos. Móntanse aneis paralelos con variacións e pregados variables para facilitar a ventilación, a iluminación natural e a evacuación das augas. A confluencia de estes factores e necesidades, deriva en que o prisma orixinal de partida se convirta nun volume poliédrico.

_Pezas autoportantes

Non existe diferenciación entre cerramento e estructura, funcionando a piel coma elemento de sustentación. Os testeiros serán muros de formigón armado, que arriostran a envolvente de aceiro evitando a súa deformación.

_Prefabricación en taller

Execútase no taller o pregado das pezas que conforman os diferentes pórticos, con directrices variables segundo as necesidades de ventilación, soleamento e restricción de vistas. A montaxe do cascarón realízase no taller, en dous grupos de sete pórticos, e un pórtico central de enlace. Trasladarase ao lugar e móntanse mediante grúa, o que permite rapidez de montaxe.

_Rótulo

Visión dende a outra beira do río, mediante o xogo con píxeles voados sobre pletina, así como incorporación do logotipo.

Obra: Módulo de aseos públicos en O Salgueiral

Autores: C. Cecilia López Muiños+Juan José Otero Vázquez

Colaboradores: Luis Ángel López Gómez (Arquitecto Técnico)

Arquitecto técnico: Luis Ángel López Gómez

Ano: Decembro 2010

Emprazamento: O Salgueiral. Leiro [Ourense]

Fotografías: dos autores

+ liberdade31.blogspot.com

+ premio
I Premios Gallegos de Arquitectura Sostenible. Deseño de espacios sostibles [Categoría 3]

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, espacio publico, obras

Tags: , , , , , , , ,