O efémero, na arquitectura e na vida | Cristina García-Rosales

Falar do efémero é falar da nosa realidade actual. Se atémonos á súa definición no Dicionario da Lingua Española, constatamos que efémero é:

1. Pasaxeiro, de curta duración.

2. Que ten a duración dun só día.

Blogs

Polo que fácilmente deducimos que as noticias que seguimos por Internet e en calquera outro medio, son efémeras. E que as mensaxes que lanzamos nas redes sociais, tamén o son. Lémolos, intentámolos asimilar moi rápidamente (¿por que todo ha de ser tan rápido?) e pasamos ao seguinte. Só nos queda gravado aquilo que nos impacta, o que nos sorprende ou emociona, o que compartimos… Escribir (e ler) nun blog tamén se pode considerar efémero, fóra diso algún posts que poden ser lidos moitas veces, polo interese que poden espertar.

En todo caso, e falando da arquitectura pódese considerar efémera? Si a arquitectura é a “arte de proxectar e construír edificios”. E un edificio é unha “construción fixa, feita con materiais resistentes, para habitación humana ou para outros usos”, parecese que o fixo e o resistente debería de ser duradero, permanecer no tempo, envellecer ben e con dignidade, para albergar ao ser humano que o habita. É dicir, o contrario ao efémero. Así o aprendemos nas Escolas de Arquitectura. Así nolo ensinaron os nosos mestres…

Arquitectura efémera

Pero por outra parte, actualmente, estase a falar moito de “arquitectura efémera”. E aínda que ambos os dous termos son contrapostos, ao meu entender, hai que estudar con detemento a cuestión antes de lanzar arriscadas conclusións. A Wilkipedia déixao ben claro: a arquitectura efémera é a deseñada habitualmente para celebracións e festas de todo tipo, como escenografía ou decorado para un acto concreto, que se desmonta despois de efectuado este. É dicir, é aquela que se utiliza para exposicións, feiras, campamentos de emerxencia e en todas aquelas situacións nas que a desmontaxe e a temporalidade son necesarias.

É unha pena investir un diñeiro en algo efémero, polo visto, dende unha óptica económica. Pero no momento actual, hai situacións en que non queda outra que introducir este termo como un adxectivo máis ao feito arquitectónico. O efémero non permanece, pero pode agradar e divertir. O efémero non envellece, pero pode axudar a concienciar á cidadanía sobre a capacidade que ten de poder participar nun proceso ao que anteriormente non tiña cabida. O efémero tamén pode, polo tanto, ser útil. E belo.

Refírome, por exemplo, aos espazos públicos na cidade. E concretamente, ao centro de Madrid. Se no distrito Centro non existen prazas e parques (e os que se contabilizan como zonas verdes, moitas veces son privados ou prazas chamadas “duras”), o feito de ocupar temporalmente ou efemeramente un soar, para solaz e recreo dos habitantes da zona, o espazo público que xera, ¿pode ser considerado como arquitectura? Claro que si.

Plaza de la Cebada, Madrid

E se nunha manifestación colectiva, como foi o 15 M, se un arquitecto deseña un colector a base de palets de madeira, cunha imaxinación a proba de bomba pode considerarse arquitectura? Tamén por suposto. Sobre iso dicía Perea:

“As solucións arquitectónicas non respondían a usos como ‘durmir’ ou ‘comer’, senón a algo máis primixenio: ‘reunirse’. O albor das relacións humanas está nesa cerimonia, é a orixe da colectividade”.

Y ¿que dicir das situacións de emerxencia onde se necesitan construcións temporais para as persoas que quedan sen fogar ata que se constrúan outros máis consistentes? Estes momentos duros, a arquitectura, non ten necesariamente que ser fermosa, senón eficaz e proporcionar acubillo a aqueles que sofren dun momento crítico.

Campo y organización

Pois ben, conclúo que o efémero tamén está ligado á boa arquitectura. E que hai sempre que dubidar das ensinanzas recibidas. Que o útil é belo e que non sempre o belo, é útil (nin falta que lle fai).

Cristina García-Rosales. arquitecta

madrid. decembro 2012

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , ,