Chamada a participantes FETSAC’16

Call-for-papers-FETSAC16-gal_esp-2

O Festival de Arquitectura ?FETSAC? naceu grazas a unha agrupación de alumnos da Escola de Arquitectura da Coruña que decidiu, por iniciativa propia, crear unhas xornadas culturais que alterasen a percepción habitual que os seus compañeiros tiñan do centro, dando lugar ao ‘Circo’, a primeira edición do festival en 2009.

O esforzo inicial levado a cabo por estes alumnos, viuse recompensado cada ano coa continuidade do mesmo.

‘PsicoFETSAC’, ‘Re’, ‘This is tomorrow’, ‘Who’s ready for FETSAC?’, ‘FETSAC’14’ e FETSAC’15: Máis aló do obxecto’ foron as seguintes edicións, cuxas actividades (conferencias, debates, talleres?) enmárcanse sempre dentro dunha temática en particular, na que se invita a participar a arquitectos e outros colectivos.

FETSAC abre un período de recepción de propostas de conferencia e/ou actividade puntual do 9 de novembro ao 30 de decembro de 2015. O festival terá lugar na Coruña (España) do 14 ao 18 de marzo de 2016.

Bota unha ollada ao manifesto da presente edición. Máis información e/ou aclaraciones na web ou fetsac@gmail.com

BASES.

Existen dúas maneiras de participar:

1. COMA CONFERENCIANTE:
As conferencias terán unha duración máxima de 1h30.
Como poderás ver nas edicións anteriores*, xa pasaron polo noso festival profesionais non arquitectos e incluso estudantes. Consulta os programas da FETSAC ‘15, FETSAC ‘14, FETSAC13, FETSAC12, FETSAC11, FETSAC10 y FETSAC09.

2. CUNHA ACTIVIDADE PUNTUAL:
As actividades ou performances terán unha duración máxima de 3h. O formato é completamente libre.
Para a realización das diferentes actividades teremos total dispoñibilidade dos espazos da Escola de Arquitectura (aulas, salón de actos..), así coma do amplo espazo exterior axardinado.

CALENDARIO.

9/11/2015 Anuncio da chamada á participación en Fetsac’15.

30/12/2015 Fin do período de inscripción e envío de propostas en formato definido.

10/01/2016 Resolución de propostas escollidas.

14-18/03/2016 Asistencia ó festival.

PRESENTACIÓN

O formato de presentación da proposta estará contido nun máximo de tres A4 en formato PDF. O contido das mesmas será libre. É importante ter claro que para esta edición, até o 30 de decembro, teranse que realizar tanto a inscripción como candidato coma o envío da proposta.

Tódalas propostas serán valoradas polos organizadores da FETSAC’16.

Permítese que o mesmo participante envíe máis dunha proposta.

Deberase sinalar en cal das 2 modalidades se participa: conferencia/actividade.

O formulario de inscripción cubrirase online e a proposta será enviada ao correo fetsac@gmail.com

FORMATO DE INSCRIPCIÓN

-Título da proposta
-Nome dos titores
-Apelidos dos titores
-Correo electrónico
-Teléfono de contacto.
-Breve CV.
-Facultade, institución, asociación, colectivo, etc. á que pertence.
-Lugar de procedencia.
-Modalidade na que participa.
-Carreira e curso (no caso de ser estudante).

Información non obligatoria:

-Perfil en Linkedin.
-Perfil en Twitter.
-Perfil en Facebook.
-Web.

FORMULARIO INSCRIPCIÓN

SELECCIÓN

As propostas recibidas serán evaluadas seguindo os seguintes criterios:

– Calidade dos contidos.
– Interese pedagóxico e didáctico da proposta.
– Orixinalidade na maneira de desenvolver a proposta.
– Relevancia do tema a tratar.
– Claridade na exposición da proposta.

No momento de facer público o calendario do festival, a proposta dos participantes colgarase na web acompañada dunha foto e unha breve biografía. Esta información utilizarase, á súa vez, para a publicación de carteles e trípticos que se repartirán durante toda a duración do festival.

A organización farase cargo dos gastos de desplazamento así como de aloxamento necesario para a realización da proposta.

Cada unha das propostas levadas a cabo na FETSAC’16 será remunerada tras ter rematado con éxito a participación. A cifra é independente do número de personas necesarias para levala a cabo.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: convocatorias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , ,