A parroquia errante | Miguel Ángel Díaz Camacho

5 (100%) 1 vote[s]

Nuestra Señora de la Victoria en Allgäu
Nosa Señora da Victoria en Allgäu, Gottfried Böhm

O campamento esixe campo aberto, eventualidade e movemento. A súa fraxilidade, lixeireza e condición horizontal, despregouse de forma análoga tanto na campaña militar como o asentamento vacacional, tanto na emerxencia coma na feira ou o circo. O campamento fascina pola súa capacidade de nomadismo e a súa vocación efémera de alteración da paisaxe: fascina a súa fugacidade. Existe non obstante un arquetipo pouco dado á dinámica ambulante, unha incorrección, unha rareza xurdida dende a fuxida e o estremecemento: a igrexa de campaña.

Durante o período Nazi e despois da II Guerra Mundial desenvolvéronse algunhas rutas populares de peregrinación a través de territorio alemán1. Gottfried Böhm proxecta a igrexa da Nosa Señora de la Victoria en Allgäu, unha pequena localidade da Baviera pre-alpina moi preto da fronteira con Austria2. Trátase dunha igrexa lixeira e desmontable, un campamento listo para instalar nos meandros do Camiño. Dezanove pavillóns prefabricados e planta hexagonal organízanse de xeito informal a xeito de acio espacial, un cluster, unha situación que integra con naturalidade o eixe cardinal entre o altar e a pila bautismal. Cada pavillón conta cunha cuberta casetón e lucernario central superior, quedando piares metálicos circulares, cerchas e taboleiro de chapa, sen revestimento: a estrutura é a arquitectura. As unidades exteriores presentan menor altura e unha delas (na imaxe) integra habilmente o campanario como parte do lucernario equipado; a posición do altar resáltase dende a singularidade vertical da súa cobertura.

Fascínanos a igrexa pola súa emotiva capacidade de convocatoria, a súa espiritualidade, á marxe da súa condición espacial ou material: do escondedoiro ou a cova ao templo monumental; do illamento da ermida á centraliade da catedral; da infraestructura ao santuario; da escultura ao campamento. Non obstante, de todas elas, o templo de campaña convoca unha estraña conexión cos homes e a natureza: non espera ao peregrino senón que sae ao seu encontro cando este se extravía; non é alleo á paisaxe na que encontra o seu hábitat, pero desaparece iterativo tras o seu desiderátum. A vaporosa imaxe do templo como unha luz intermitente, como un campamento para o espírito, como un claro no bosque á espera da parroquia errante.

Miguel Ángel Díaz Camacho. Doutor Arquitecto
Madrid. Setembro 2014.
Autor de Parráfos de arquitectura. #arquiParrafos

Notas:
1. Pehnt, Wolfgang, “Gottfried Böhm“, Basel. Birkhäuser, 1999, págs. 90-91
2. Igrexa de peregrinación Nosa Señora de la Victoria, Opfenbach-Wigratzbad, Allgäu, Gottfried Böhm e Michael Eberlein, 1972-76.

Miguel Ángel Díaz Camacho

Doctor en Arquitectura, Decano de la Facultad de Tecnología y Ciencia UCJC. Presidente de la Asociación Sostenibilidad y Arquitectura,  perteneciente al Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. Director de MADC Arquitectos, estudio profesional con premios en concursos nacionales e internacionales, en la actualidad desarrolla proyectos en España y Noruega. Escritor y crítico de arquitectura, es autor de los libros “Párrafos de Arquitectura. Core(oh)grafías” (2016) y “Arquitectura y Cambio Climático” (2018).

follow me

Arquivado en: artigos, Miguel Ángel Díaz Camacho

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,