Kahn / Komendant | Antonio S. Río Vázquez

Esherick House, Louis Kahn, Chestnut Hill, PA | Leslie Williamson

No último capítulo do libro 18 anos coo arquitecto Louis I. Kahn”, o enxeñeiro August Komendant lembra os anos nos que que ambos coincidiron como profesores na Universidade de Pennsylvania. Alí, Kahn expuña os proxectos de curso do seguinte modo:

«Non había programa, tan só dábanse algúns datos referidos ás necesidades e un prazo de entrega. Os estudantes tiñan man libre para elaborar os seus propios programas e establecerse un calendario».

Kahn consideraba a universidade a institución máis importante da cidade:

«O seu crecemento e calidade, é a medida da cidade, e farase sentir no funcionamento, as actitudes e a moral. Hoxe en día, os intereses e os desexos dos profesionais estendéronse e diversificaron en boa medida, pero non hai ningún lugar onde os profesionais dos distintos campos se poidan reunir e facer públicas as súas opinións».

Komendant insiste na relevancia que debería ter a universidade dentro da sociedade e defende dous aspectos fundamentais en calquera actividade profesional, e especialmente no ensino: o coñecemento e a inspiración.

«O coñecemento é a suma de verdades ou feitos acumulados e sistematizados no curso do tempo; a inspiración xera o pensamento, o sentimento e o espírito, e guía ou controla a acción. […] Nunha universidade, unha institución para a aprendizaxe superior, o coñecemento ten un significado máis amplo; inclúe, ademais do coñecemento fáctico, a comprensión do que significan as verdades e os feitos. Débese ensinar e preparar o estudante para que pense por si mesmo».

Ao enxeñeiro chamáballe a atención a dedicación que Kahn outorgaba á universidade, a pesar do apurada que era a súa situación económica e da presión dos prazos que tiña no seu estudo profesional. Kahn sempre estaba alegre e animado nas súas clases. E cando Komendant lle preguntaba como era capaz de conseguilo, respondíalle:

«Cando estou cos meus alumnos e lles ensino arquitectura, son feliz e esquéceseme todo o demais».

antonio s. río vázquez . arquitecto
a coruña. febreiro 2011

 

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, artigos

Tags: , , , , , , , , , ,