Gran Suite. Aproveitamento dos hórreos en desuso | cenlitrosmetrocadrado

A función para a que foron concibidos os hórreos é a de almacenar e curar o gran dende a época da colleita, que ten lugar nos meses de outono, ata o devalante da lúa de marzo, na que se malla e pasa ás huchas.

100lm2_gs_08_ext05

Este ciclo de uso conleva un período de desocupación destas edificacións comprendido entre os meses de primavera e outono, durante o que se poden encaixar múltiples propostas de aproveitamentos alternativos compatibles coa función de seu, e sen producir alteracións substanciais que contraveñan a condición de ben patrimonial.

Tendo en conta estas consideracións, a intervención centrouse no acondicionamento do seu interior a fin de convertelo nunha suite persoal para xente nova para uso durante a época estival.

Para isto propoñemos un sinxelo sistema de auto-edición, baixo custe e rápida montaxe que resolve unhas funcións mínimas de asento, escritorio, descanso e almacén, e coa suficiente neutralidade para permitir a cada un dos usuarios personalizalo ao seu xeito.

Os contedores e superficies empregados son obxectos cotiáns reutilizados, e todos comparten o mesmo sistema de anclaxe mediante cinchas suxeitas aos balaustres de cerramento do hórreo, que pola súa condición de secuencia de fendas ofrece un magnífico sistema contínuo de guías de anclaxe.


Obra: Gran Suite. Aprovetamento dos hórreos en desuso
Emprazamento: Rois, Galicia, España
Ano: setembro 2013
Autores: cenlitrosmetrocadrado (Xabier Rilo, Ricardo Tubío, Manuel del Río)
Promotor: cenlitrosmetrocadrado
Colaboradores: carpintaría Óscar Penedo, pletinas metálicas Láser Galicia
Fotografía: cenlitrosmetrocadrado + Javier Iglesias
+ cenlitrosmetrocadrado.com

+ Publicaciones

ZigZag Diario  (TVG)

Pedacicos Arquitectónicos

Kupu

Folio Creativos Anónimos

Del tirador a la ciududad. (El país)

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, reforma interior, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,