Finalistas do premio de arquitectura contemporánea Premio Mies Van Der Rohe 2011

A Comisión Europea e a Fundación Mies van der Rohe anunciaron o seis finalistas que competirán polo Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea – Premio Mies van der Rohe 2011, seleccionados a partir de 343 obras en 33 países europeos. A cerimonia do premio celebrarase o 20 de xuño no Pavillón Mies van der Rohe de Barcelona, España. “Os nosos finalistas teñen dúas cousas en común: son europeos e atópanse entre os arquitectos máis visionarios do mundo enteiro. O Premio de arquitectura contemporánea da Unión Europea celebra o seu talento e exhibe a importancia económica, social e cultural dos nosos sectores creativos”, afirmou Androulla Vassiliou, Comisaria europea para Educación, Cultura, Multilingüismo e Mocidade.

O seis finalistas son:

1. Neues Museum Berlín, Alemaña [David Chipperfield Architects / David Chipperfield]

2. Teatro Bronks, Bruxelas, Bélxica [MDMA – Martine De Maeseneer Architecten / Martine De Maeseneer, Dirk Van den Brande]

3. MAXXI: Museo Nacional de Arte do Século XXI, Roma, Italia [Zaha Hadid Architects / Zaha Hadid, Patrick Schumacher, Gianluca Racana]

4. Concert House Danish Radio Copenhagen, Dinamarca [Ateliers Jean Nouvel / Jean Nouvel]

5. Museo da Acrópole, Atenas, Grecia [Bernard Tschumi Architects / Bernard Tschumi]

6. Centro de rehabilitación Groot Klimmendaal, Arnhem, Países Baixos [Architectenbureau Koen van Velsen / Koen van Velsen]

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , ,