Eloxio da incorrección | Miguel Ángel Díaz Camacho


A+P Smithson, Sugden, 1955

A arquitectura habita pracidamente no ámbito da ortodoxia, bendicida polas regras comunmente aceptadas polo colectivo, libre de erros ou defectos. Os códigos xustifican, os canons lexitiman. Aínda Que non sempre. A historia regalounos magníficos exemplos de arquitectura xurdida dende o que Enrique Walker cualifica como “o ordinario” 1, é dicir, o cotián, o popular, o banal ata o límite da incorrección. Arquitectura exercida dende a alteración do canon.

Alison e Peter Smithson finalizan en 1954 a súa austera e miesiana escola secundaria de Hunstanton, Norfolk (Reino Unido), considerada o manifesto do novo brutalismo. Tan só un ano despois abordan un pequeno proxecto doméstico en Wattford: a casa para o enxeñeiro de estruturas Derek Sugden2. O seu aspecto exterior renuncia a calquera presunción de singularidade e intégrase con desenvoltura no tecido anónimo da casa suburbana, exercicios con cuberta inclinada e fachada de ladrillo visto para unha clase media de salón, cociña e catro dormitorios3. Non obstante a arquitectura non entende de materiais, programas, escalas nin ortodoxias e aparece sempre inesperada. A lectura atenta de plantas e seccións mostra mecanismos complexos do habitar; a fotografía do espazo interior revela unha modernidade radical e vivificante, unha contemporaneiade desenvolvida dende a franqueza da cotianidade, sen a deliberada intervención da arquitectura.

A incorrección pode ser unha poderosa ferramenta de transformación. Contan que Pío Baroja, grazas ao uso de certas incorreccións da linguaxe, foi “o iniciador máis destacado da revolución lingüística en España” 4. Neste caso, como no dos Smithson, se supera a mera provocación, a sorpresa ou sinxelamente a farsa: a maior incorrección é ser un mesmo; a incorrección supón a alteridade do sistema e dende o seu coñecemento rigoroso, propón a súa dispoñibilidade para ser outro; a incorrección supón a extralimitación, o abandono da cautela disciplinar, saír da cova e explorar os arredores soleados da arquitectura.

Miguel Ángel Díaz Camacho. Doutor Arquitecto

Madrid. xuño 2014

Notas

1 Enrique Walker, (Ed.), Lo ordinario, Barcelona, Gustavo Gili, 2010.

2 Casa Sugden, Wattford, Reino Unido 1955.

3 O cliente rexeitou unha primeira proposta máis ortodoxa, diriamos de “arquitectura”, o que ao parecer anoxou sobremanera a Alison Smithson. O relato de Sugden aparece no libro Alison y Peter Smithson – from the House of the Future to the house of today, editado por Dirk van der Heuvel e Max Risselada, Rotterdam, 010 Publishers, 2004.

4 F. Bello Vázquez, Lenguaje y estilo en la obra de Pío Baroja, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 1988. Pág. 113.

Miguel Ángel Díaz Camacho

Doctor en Arquitectura, Decano de la Facultad de Tecnología y Ciencia UCJC. Presidente de la Asociación Sostenibilidad y Arquitectura,  perteneciente al Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. Director de MADC Arquitectos, estudio profesional con premios en concursos nacionales e internacionales, en la actualidad desarrolla proyectos en España y Noruega. Escritor y crítico de arquitectura, es autor de los libros “Párrafos de Arquitectura. Core(oh)grafías” (2016) y “Arquitectura y Cambio Climático” (2018).

follow me

Arquivado en: artigos, Miguel Ángel Díaz Camacho

Tags: , , , , , , , , , , , , ,