Eduardo Souto de Moura, Premio Wolf 2013

A Fundación Wolf, unha institución sen ánimo de lucro con sé en Israel, concede desde 1978 os seus premios a científicos en cinco categorías —Agricultura, Química, Matemáticas, Medicina e Física—, e un a artistas, rotando entre as disciplinas de Arquitectura, Música, Pintura e Escultura. Nesta categoría das Artes, a última edición premiou ao portugués Eduardo Souto de Moura, de quen o xurado destacou a súa capacidade para integrar edificios na natureza e a súa gran habilidade para o deseño. Dotados con 100.000 dólares cada un, os premios outórganse cada ano en recoñecemento aos maiores logros en interese da humanidade e das relacións fraternas entre os pobos. En convocatorias anteriores foron distinguidos co Wolf Prize Jørn Utzon, Fumihiko Maki, Álvaro Siza, Jean Nouvel, Peter Eisenman e David Chipperfield.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , ,