Conferencia Michel Thomas Penette

O luns 6 Febreiro de 2012, en horario de 16.00h, dentro do MASTER ARQUITECTURA DA PAISAXE dela Fundación Juana de Veiga, Michel Thomas Penette impartirá unha conferencia con título, “The Cultural Routes of Europe. Origin, development, and future perspectives”. A conferencia de impartirá integramente en inglés.

O profesor Michel Thomas-Penette, experto en itinerarios culturais, que ocupou o cargo de director do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais desde 1997 ata o pasado ano 2011, visita hoxe a sé da Fundación Juana de Veiga, situada na parroquia oleirense de Nós, para ofrecer unha conferencia. O seu relatorio, versará sobre as orixes, o desenvolvemento e as perspectivas de futuro destas rutas culturais, entre as que o gran estandarte é o Camiño de Santiago, que foi o primeiro itinerario que recibiu esta cualificación en 1988 abrindo unha nova vía para a conceptualización dos elementos comúns que deben reunir os itinerarios culturais para pertencer a este organismo, cuxa sé está nunha abadía de Luxemburgo e que designou xa 29 itinerarios de toda Europa, na que só hai seis españois.

Para poder asistir á mesma, é preciso, debido ao aforo limitado do recinto, inscribirse ben por teléfono (981 654 637) ou por correo electrónico info@escolagalegadapaisaxe.org.

Conferencia Michel Thomas Penette

LUNS 6 FEBREIRO 2012 16.00h

MASTER ARQUITECTURA DEL PAISAJE

F U N D A C I O N J U A N A D E V E G A

Rúa Salvador Allende nº 92.

San Pedro de Nos – Oleiros

A Coruña – España

981.65.46.37

www.juanadevega.org

inscripción gratuita en

info@juanadevega.org

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , ,