Clínica Dental Ferraces | as-built

5 (100%) 5 votes

Materialidad, orde e lixeireza para dar resposta ao diálogo entre o local e a súa contorna máis inmediata. Un local que dá cabida a unha clínica dental e que se abstrae do caos exterior a través da serenidade que imprimen as súas volumetrías e materiais interiores.

Clínica Dental Ferraces as-built 00

Materiais empregados:

– teito volumétrico en placas de cartón yeso

– pavimento continuo de resina epoxi

– taboleiro MDF FINSA rechapado en carballo

– fachada ventilada de chapa microperforada minionda en aluminio branco.

Trátase dun proxecto con clara vocación de diálogo coa paisaxe da praza e viceversa.

Uns grandes vidros de proporción vertical, colocados a óso, sen perfís intermedios, alagan os interiores cunha luz difusa norte e abren a fachada en toda a súa altura, permitindo mostrar ao exterior o xogo volumétrico do teito interior, conformado por formas prismáticas e cromatismos en tons azuis e brancos.

Esta transparencia interior/exterior mantense entre os espazos interiores, de maneira que se percibe a continuidade espacial que xeran as volumetrías do teito.

A zona de espera saliéntase mediante a calidez que ofrece o zócalo de madeira de carballo.

A fachada se desmaterializa mediante a combinación dos grandes panos de vidro cun revestimento lixeiro de paneis de chapa microperforada minionda de aluminio lacado en branco. O resultado é unha fachada serena no medio do caos estético que a rodea.

Unha iluminación indirecta cara a fachada.

Obra: Clínica Dental Ferraces.
Arquitectos: as-built arquitectura, interiorismo, infografía.
Equipo de proxecto: Moncho Rey, arquitecto / Pablo Ríos, arquitecto de interiores.
Situación: Praza Doutor Iglesia Parga, 7-8, baixo, Ferrol (A Coruña, España)
Superficie: 99 m²
Ano: 201o
Fotografías: Roi Alonso
+ as-built.es

Arquivado en: arquitectura, equipamiento sanitario, obras, reforma interior

Tags: , , , , , , , , , , , ,