California Dreaming. Unha fascinante historia da vivenda unifamiliar de baixo custo a través de dez insólitas biografías

California Dreaming. Una fascinante historia de la vivienda unifamiliar de bajo coste a través de diez insólitas biografías

Este libro sitúase a medio camiño entre unha aproximación ao universo dun transcendental grupo de arquitectos californianos do segundo terzo do pasado século e a recuperación da experiencia do programa Case Study Houses (CSHP), e é froito dun proceso investigador desenvolvido na Escola de Arquitectura da Coruña. Nel, deambulamos polas fascinantes biografías de creadores como SchindlerAinRapsonEames…, á vez que observamos as peculiaridades dun ensaio como o CSHP, entendo que esa relación pode resultar unha suxestiva achega de interese para os arquitectos do noso tempo.

California Dreaming nace coa intención de contribuír a unha visión espacial racional da vida cotiá que fai fronte ás peculiaridades do espazo construído e a súa transformación, como consecuencia do desenvolvemento da sociedade da que xorde.

Ese debería ser o noso camiño e, para seguilo, resulta de gran utilidade volver os nosos ollos a experiencias como a que aquí recollemos, aprendendo delas formulacións racionais e sustentables que nos leven a un reencontro entre a arquitectura e a sociedade, agora máis necesario que nunca.

Vai ser todo igual despois da gravísima crise social e económica en que nos atopamos inmersos? Akgunos arquitectos soñamos con que, cando finalice, teñamos a oportunidade de reformularnos os nosos valores e buscar desenvolvemento social máis sustentable e xusto, desde unha maior responsabilidade e conciencia social, como no seu momento fixeron aquel grupo de arquitectos californianos.

Aí reside tamén o interese desta breve reflexión: na relación entre unhas arquitecturas moitas veces esquecidas e a nosa futura actividade, desde unha necesaria interpretación das biografías e as propostas daquel grupo de arquitectos situados entre os máis destacados deseñadores americanos do último século.

Este obra complementouse coa exposición “California Dreaming”, inaugurada no Museo de Belas Artes da Coruña o 9 de marzo de 2017, e realizada coa colaboración do propio museo, da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e de SUTEGA, aos que agradecemos o seu interese e xenerosa participación na organización da mesma.

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,