Biourb, un estudo sobre arquitectura popular, enerxía e futuro


“A cultura adquire formas diversas a través do tempo e do espazo. Esta diversidade maniféstase na orixinalidade e a pluralidade das identidades que caracterizan aos grupos e as sociedades que compoñen a humanidade. Fonte de intercambios, de innovación e de creatividade, a diversidade cultural é tan necesaria para o xénero humano como a diversidade biolóxica para os organismos vivos. Neste sentido, constitúe o patrimonio común da humanidade e debe ser recoñecida e consolidada en beneficio das xeracións presentes e futuras.”

Declaración Universal da UNESCO sobre a Diversidade Cultural

Ata o século XX, o hábitat de cada lugar evolucionara para adaptarse cada ámbito, conseguindo refuxios confortables mediante o deseño, o manexo dos materiais dispoñibles e o uso de fontes de enerxía renovables. Malia a importancia deste patrimonio e do interese histórico e etnolóxico que supón, a construción vernácula e os coñecementos que encerra están a desaparecer na península, tanto en zonas rurais coma nos centros, cada vez menos históricos, das nosas cidades.

Os edificios gastan hoxe o 40% da enerxía que se consume en Europa. No contexto actual de crise ambiental, enerxética e económica, a arquitectura tradicional pode ser a clave para reverter esa situación.

Durante máis de dous anos un equipo de arquitectos e enxeñeiros de España e Portugal estudaron, con criterios enerxéticos e as últimas tecnoloxías, a milenaria arquitectura popular do ámbito do río Douro, especialmente nas bisbarras de Tras vos Montes, Arribes e Sayago, co obxectivo de desvelar os principios que rexen a súa eficiencia. Este documental conta ese proceso a través as reflexións dalgúns dos participantes no proxecto Biourb como José Fariña e Agustín Hernández Aja, así como mediante as entrevistas a arquitectos de referencia como Vicente Patón, Esther Prada e Álvaro Siza.

BIOURB é un proxecto destinado a traballar sobre a diversidade bio-construtiva, a edificación bioclimática e a súa adaptación á arquitectura e urbanismo contemporáneos.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,