8ª Bienal Internacional da Paisaxe (convocatoria)

Abriuse a convocatoria para o Premio de Paisaxe Rosa Barba, patrocinada pola Fundació Banc Sabadell e no marco da 8ª Bienal Internacional de Paisaxe, que se celebrará en Barcelona do 25 ao 27 de Setembro de 2014 baixo o lema ‘Unha Paisaxe para ti’.

Coa ampliación de ámbito territorial da Bienal e do Premio, agora internacionais, ábrese unha nova convocatoria para a presentación de proxectos de paisaxe e plan creados en todo o mundo entre 2009 e 2014. O Xurado internacional, presidido por Michel van Gessel, paisaxista e profesor de Berkeley (Universidade de California), outorgará un único premio, que non se declarará deserto baixo ningunha circunstancia. O premio, cunha dotación económica de 15.000 €, entregarase durante a celebración da Bienal.

O prazo de presentación da documentación finaliza o 11 de Abril de 2014. Para participar hai que encher o formulario de inscripción.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: convocatorias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,