Yona Friedman. Genesis of a Vision

Desde o 20 de setembro e ata o 24 de outubro, o Espazo Archizoom da Escola Politécnica Federal de Lausanne (EPFL) acolle ‘Yona Friedman. Genesis of a Vision’, unha exposición sobre o proceso creativo do arquitecto e artista, nacido en Budapest en 1923 e afincado en Parides desde a década de 1950. A exposición está baseada nun proxecto de Friedman para Archizoom titulado A dilución da arquitectura, e cobre os seus grandes temas —a arquitectura móbil, a ville spatiale, a agricultura urbana, as network cities, a autoplanification—, e tamén cuestións como o papel do arquitecto na sociedade. Unha instalación de vídeo ofrece, no centro do espazo expositivo, unha entrevista gravada no seu apartamento parisino onde o octogenario arquitecto explica a xénese da súa visión. Na mostra, comisariada por Nader Seraj, participan entre outros Juan Miguel Hernández León, José Miguel de Prada Poole e Luís Antonio Gutiérrez Cabrero.

Yona Friedman. Genesis of a Vision

Dende o 20 de setembro e ata o 24 de outubro 2012

Espacio Archizoom da Escola Politécnica Federal de Lausanne

[mappress mapid=”90″]

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , ,