Vive la résistance! | María González-Juanjo López de la Cruz

Leica de Alexander Ródchenko e o seu caderno de notas para a cuberta da revista Jurnalist, 1930

“Diriximos o noso saúdo fraternal a todos os artistas expresionistas, cubistas e futuristas que se sintan chamados e responsables, desexándonos que se adhiran como socios. Nós sentímonos novos, libres e puros.”

Manifesto do Novembergruppe, 3 de decembro de 1918

Baixo o estado de shock no que se encontra actualmente a profesión de arquitecto proliferan múltiples predicións que vaticinan como será este oficio no futuro inmediato. De todos estes augurios, entre os que abundan os apocalípticos que anuncian un mañá sen arquitectura, algúns parecen interesados en polarizar a profesión baixo o paradigma da grande oficina que irradia unha ilusión de eficacia e profesionalidade onde os departamentos creativos son unha parte estanca, case sempre menor, fronte aos dedicados á produción do proxecto, ao seu control burocrático ou á súa publicidade. O argumento esgrimido é que nun novo mundo post-crise non haberá cabida para a práctica lenta e artesanal dos pequenos estudos e estes serán absorbidos inevitablemente por un mercado que só concibe a calidade como un estándar pretendidamente infalible sen marxe para a experimentación. Fronte a este razoamento e os argumentos neoliberais que oculta, sorprendentemente asumidos con docilidade pola administración pública cando require dun arquitecto, reclamamos unha actitude de resistencia, acaso como a do poeta, o artesán, o filósofo ou o científico, dispostos a participar do mundo para despois repensalo pacientemente dende as nosas mesas. Chamamos á resistencia a todos aqueles arquitectos dispostos a loitar contra a imposición dun modelo que aproveita os lamas desta crise para desfacernos, á espera de que se retire o lamazal para deixar o que quede de arquitectura en mans de intermediarios. Reclamamos a aqueles que fan da súa mesa a súa trincheira, abastecidos de libros, cadernos, lapis, debuxos e maquetas. Recoñecemos os nosos colegas da resistencia pola súa actitude, sabemos que é un arquitecto resistente porque:

1.- Non empeza un proxecto sabendo como remata.

2.- Cre que non existe proxecto pequeno.

3.- Non utiliza a falta de presuposto como escusa.

4.- Procura nutrirse de todos os mundos reais e imaxinarios, vividos e lidos.

5.- Sabe que o proxecto cabe dentro da mina dun lapis e que só gastándoo conseguirá sacalo.

6.- Investiga asuntos insospeitados de dubidosa rendibilidade que non empezan nin rematan necesariamente co proxecto.

7.- Pensa coas mans formas e materiais que non sempre parecen arquitecturas.

8.- Ten interese e preocupación por todo o proceso que atinxe á arquitectura, dende a conversación cos seus habitantes ata a construción última e de aí, cara á vida.

9.- Non utiliza as palabras de moda do pensamento correcto e hexemónico.

10.- Déixase acompañar por xigantes de todos os tempos, lugares e quefaceres.

Vive la résistance!

María González-Juanjo López de la Cruz

arquitectos e docentes

Sevilla, novembro 2014

María González – Juanjo López de la Cruz

María (Huelva, 1975) y Juanjo (Sevilla, 1974) son arquitectos por la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Sevilla en 2000, números 10 y 3 de su promoción de un total de 348 egresados, con la calificación de sobresaliente en sus Proyectos Fin de Carrera y ambos premiados en la 13ª edición del Premio Dragados Fin de Carrera. Después de un año de estudios becados en L´École d´Architecture de Paris-la Seine en Francia, trabajan con los arquitectos Javier Terrados y Guillermo Vázquez Consuegra, tras lo cual fundan SOL89, un estudio desde el que intentan conciliar investigación, docencia y profesión.

Durante estos años han podido desarrollar y construir proyectos desde los que indagar en los espacios intermedios de la ciudad y la reutilización de estructuras obsoletas, trabajo habitualmente difundido por publicaciones especializadas de ámbito nacional e internacional y que ha obtenido múltiples premios, como el Primer Premio de Arquitectura de los Colegios de Arquitectos de Sevilla y Huelva en diversas categorías (2006, 2015 y 2016), la Medalla de Plata del Premio Fassa Bortolo (Italia, 2013), Primer Premio Wiener Berger (Austria, 2014), Medalla de plata del Premio Fritz-Höger (Alemania, 2014), Primer Grand Prix Européen d´architecture Philippe Rotthier (Bélgica, 2014), Primer Premio Enor de Arquitectura Joven (España, 2014) y el Premio 40under40 para jóvenes arquitectos europeos del Chicago Athenaeum (EEUU, 2015). Son finalistas de los premios FAD en 2013 y 2015, finalistas de la Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo en 2014 y premiados en la de 2016, nominados al premio europeo Mies van der Rohe en 2015 y elegidos para formar parte del Pabellón español en la XV Bienal de Venecia en 2016, galardonado con el León de Oro.

Son profesores asociados del Departamento de Proyectos de la Escuela de Arquitectura de Sevilla desde 2005 y másters en Arquitectura y ciudades sostenibles por la misma Universidad en 2008. Su labor profesional y docente se extiende a la difusión del pensamiento arquitectónico mediante la colaboración habitual con escritos en publicaciones especializadas y la organización y dirección de diversos encuentros y seminarios junto a Ángel Martínez García-Posada (Sevilla, 1976), como el Congreso Internacional dedicado a Jørn Utzon en la Universidad Internacional de Andalucía en 2009 y el seminario Acciones Comunes sobre arte y arquitectura de la Universidad Internacional Menéndez Pelayo en las ediciones de 2013, 2016 y 2017. Son editores de Cuaderno Rojo (Universidad de Sevilla, 2010) y Acciones Comunes (Universidad Internacional Menéndez Pelayo, 2014), y autores de Proyectos Encontrados (Recolectores Urbanos, 2012) y El dibujo del mundo (Lampreave, 2014), libros en los que reflexionan en torno a la reutilización en la cultura arquitectónica y sobre los dibujos y la obra del arquitecto noruego Sverre Fehn.

follow me

Arquivado en: faro, María González - Juanjo López de la Cruz

Tags: , , , , , , , , , , , , ,