O traballador e a luz | Antonio S. Río Vázquez

Edmund Lill, central eléctrica de la fábrica Fagus, 1923 (Harvard Art Museums)
Edmund Lill, central eléctrica da fábrica Fagus, 1923 (Harvard Art Museums)

A comezos de 1923 e por encargo de Walter Gropius, Edmund Lill realizou unha reportaxe fotográfica da fábrica de hormas para zapatos Fagus en Alfeld a. d. Leine (Alemaña), construída entre 1911 e 1913. Segundo explica Annemarie Jaeggi no seu libro Fagus. Industriekultur zwischen Werkbund und Bauhaus (Jovis Berlin, 1998), trátase da segunda ocasión en que o arquitecto solicita os servizos do fotógrafo, pois xa documentara a finalización da obra durante o ano 1912. Ambas as series conserváronse no arquivo de Gropius.

Entre todas as imaxes tomadas por Lill unha alcanza especial relevancia, converténdose nun símbolo da arquitectura moderna e do progreso. Nela observamos o interior dun dos principais edificios do conxunto, o dedicado a central eléctrica. Xunto a unhas grandes ventás situadas na esquina do recinto fotografado, un operario sentado traballa sobre unha mesa mentres a luz procedente do exterior alaga todo o espazo.

Por que está fotografía pode resultar máis reveladora que outras, tomadas mesmo polo mesmo fotógrafo, das instalacións da fábrica? Lill está a legarnos aquí un documento que pon de manifesto os logros funcionais, estéticos e técnicos da nova arquitectura industrial, ao introducirnos nun interior puro e luminoso, onde home e máquina conviven nun ambiente agradable e racional, moi diferente das sombrías fábricas das décadas precedentes.

Mesmo, se obviamos o artefacto tecnolóxico do primeiro plano, poderiamos atoparnos ante un interior arquetípico da vivenda do Movemento Moderno: a creación dun cubo de luz, a ruptura da caixa na súa esquina ou a independencia da estrutura liberando a fachada remítennos aos atelieres corbuserianos e á levedad industrial das casas de Mies van der Rohe. Con todo atopámonos dentro dunha fábrica, nunha empresa onde o traballo pesado e manual foi substituido pola ingravidez da electricidade e a precisión da máquina. O home permanece só como guía e controlador do proceso, libre de cargas e esforzos, como a propia arquitectura, á que outorga medida e escala. Mesmo se permite dar as costas aos xeradores e ao fotógrafo: alleo e sereno, reflexiona e rodéase da paisaxe.

A calidade doméstica da fábrica moderna posta en valor pola fotografía de Lill faise aínda máis patente na actualidade, onde a antiga central eléctrica converteuse no Fagus-Gropius-Café, lugar de encontro e repouso dos traballadores e dos numerosos visitantes que ten o conxunto, especialmente desde a súa inclusión no ano 2011 na lista de Patrimonio Mundial da UNESCO. . No interior do local, unha imaxe en branco e negro de gran formato lémbranos a maquinaria que outrora ocupou ese espazo, hoxe aínda máis humano.

Antonio S. Río Vázquez . Doutor arquitecto
A Coruña. Novembro 2016

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, artigos

Tags: , , , , , , , , , , , ,