The Architecture Gallery Opening Exhibition

Inaugúrase The Architecture Gallery, un concepto de galería dedicado a obras de arquitectos e artistas traballando entorno á arquitectura. Ten como singularidade ser unha galería solidaria: asígnase un 20% dos beneficios de cada obra vendida a proxectos de arquitectura social. A súa outra singularidade reside en ser unha galería itinerante, que viaxa a diferentes cidades para presentar as obras e os proxectos sociais.

Representa arquitectos, interioristas, deseñadores e artistas de diferentes nacionalidades, que crean pezas en formatos que van dende fotografía, ilustración e pintura ao deseño de mobiliario pasando por pezas volumétricas.
A galería ofrece orixinais e series limitadas, en ocasións editadas por esta.

Nesta primeira presentación colectiva expoñen 12 creadores, tanto nacionais coma internacionais: Enric Miralles/EMBT (Barcelona), Raumlabor (Berlin), Santiago Cirugeda (Sevilla), Assemble Studio (Londres), Collectif etc (Marsella), Simona Rota (Madrid), Adría Goula (Barcelona), Pilar Líbano (Barcelona), Esther Planas (Londres), Anna Bach (Barcelona), Cadelasverdes (A Coruña) e Edouard Decam (Barcelona – Burdeos).

Nesta ocasión, as vendas apoiarán o proxecto Comunidad Vivex*, unha Asociación Civil iniciativa de S-AR (un taller colaborador de arquitectura con base en Monterrey, México) cuxo obxectivo é achegar a arquitectura e os seus procesos de deseño, planeamento e traballo social a familias de escasos recursos, comunidades marxinadas ou prover de infraestrutura básica a institucións que brindan apoio social.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,