Sorteo de 2 prazas para 8º Curso online de Identidadr Dixital para arquitectos

5 (100%) 1 vote

Sorteo de 2 plazas para 8º Curso online de Identidad Digital para arquitectos

“Gustaríache mellorar a túa Identidade Dixital como arquitecto e, en consecuencia, aumentar as túas posibilidades laborais? Centrarémonos en tres alicerces: reputación dixital, estratexia empresarial e comunicación online.”

Xa está aquí unha nova edición do curso en liña de Identidade Dixital para arquitectos organizado desde o sempre activo blogue de Stepienybarno e que se desarollará entre o 16 e o 27 de abril 2018. Como ben sabedes, trátase dun curso feito por arquitectos para arquitectos, de feito, é o único curso online sobre estratexia empresarial e comunicación online, dirixido especificamente ao noso sector.

Nel, Stepienybarno tratan temas que teñen que ver coa reputación dixital, o márketing online ou a comunicación. Trátase de que os contidos se aprendan dunha maneira práctica e amena, fácil e sinxelo de realizar. Cada vez está máis claro que, se non tes unha presenza correcta na rede, é coma se non existises no mercado laboral. Desta forma, entender que é a Identidade dixital e como construíla, convértese nun elemento crave.

“Aínda así, son moitos os arquitectos que ven a rede como un galimatías de información e onde mostrar o seu traballo se hai pouco menos que imposible. Neste sentido, o curso axuda a poñer luz na escuridade, tanto para atopar información interesante, como persoas coas que relacionarnos. Á súa vez, cremos que, co taller, atopardes as ferramentas para que mostrarvos como o que realmente sodes e que vos poidan atopar con facilidade.”

Anímasche?

E como os nosos amigos, Agnieszka e Lorenzo ( Stepienybarno), quérenvolo poñer fácil, facilitáronnos dúas entradas gratuítas para o VIII Curso en liña de Identidade Dixital para arquitectos que organizan e que sortearemos entre vós lectores. O procedemento, é moi sinxelo e dabondo coñecido por todos vós, trátase de escribir un comentario definindo nunha frase o que se podería entender, na vosa opinión, por Identidade Dixital.

Onde?

Pois ou ben aquí mesmo, ao final da noticia, na propia web ou ben na entrada da nosa páxina de fans, veredes, en Facebook.

Lembrade que o prazo para participar no sorteo é desde o xoves 5 ao xoves 12 de abril ata as 00:00 horas.

Sorte a todos!

Que non fostes os elixidos?

Non vos preocupedes! Polo mero feito de participar cos vosos comentarios teredes a opción de realizar o curso a prezo de matrícula reducida!

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,