Restaurante O Fragón | CREUSeCARRASCO

Ofragon_CeC_01_ext01

A parcela, situada no núcleo de San Martiño de Arriba, en Fisterra, A Coruña, ten un vivenda existente e está orientada ao sur, en dous bancales, cun muro visto de formigón que contén a estrada no seu lado norte.

Faise unha formulación xeral para un edificio de dúas plantas, con acceso desde a estrada, aparcadoiro en cuberta, hotel de 5 habitacións e restaurante no nivel inferior.

A parte executada é a de restaurante, resolvendo un acceso lateral en rampla zigzag que salva o desnivel duns 7 metros desde a estrada.

O restaurante é unha sala rectangular orientada cara ao mar e rodeada dun amplo soportal que o protexe do sol de mediodía.

Entrar practicamente pola cociña forma parte do recibimento: ver, cheirar, probar e conversar cos cociñeiros. É a peza central que articula o resto das estancias, o comedor á esquerda e un espazo para esperar, charla e tomar algo. Todo iso rodeado polas vistas de contorna e a luz cenital a través dun lucernario de grandes vigas de formigón.

O espazo entre a casa e o novo edificio resólvese cun patio verde aberto delimitado polo corpo de instalacións.

Paisaxe de bancales ao que edificio se incorpora enmarcando as vistas.

Obra: Restaurante O Fragón
Autores: CREUSeCARRASCO. Juan Creus e Covadonga Carrasco
Emprazamento: Trátase dun conxunto de parcelas no lugar de San Martiño de Arriba, Finisterre, A Coruña, Galicia, España.
Data de Proxecto/Terminación: Xuño 2012 / Dicembro 2015
Superficie útil: 229,55m² / Superficie construida: 266,20m²
Colaboradores: Bárbara Mesquita, Celsa Pesqueira, Iago Otero, Mónica Rodríguez, Sara Escudero
Promotor: Horta de Leire S.L.
Constructora: J. M. Rodríguez Garrido
Estructura: Félix Suárez Riestra
Instalacións: Isabel Francos Anllo
Fotógrafo: Héctor Santos-Díez | BISimages
+ creusecarrasco.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, obras

Tags: , , , , , , , , , , , ,