Mestres | Antonio S. Río Vázquez

Fotografía: Kahn / Komendant: Facultade de Química da Universidade de Virginia (1963)

«Cando os estudantes puxeran as súas ideas sobre o papel, Kahn axudáballes coas súas críticas, que eran directas e do máximo valor. A miúdo había discusións enérxicas e interesantes entre os profesores de enxeñaría e de arquitectura cando o concepto, as solucións e aplicacións dun proxecto en concreto eran diferentes. Os estudantes escoitaban, aprendían e mesmo participaban nestes animados debates, divertíanse e intentaban provocalos cando vían algunha posibilidade de variar a rutina de traballo e pasar un anaco endiabladamente bo».

August Komendant: 18 anos co arquitecto Louis I. Kahn

Só uns poucos dos grandes arquitectos modernos tiveron unha relación directa co ensino regulado, ampliando a súa condición de mestres á de profesores. E aínda menos obtiveron o recoñecemento por parte dos seus alumnos. Louis I. Kahn foi un deles, e coñecer parte da súa experiencia como docente -a vivida na Universidade de Pennsylvania— llelo debemos ao seu colaborador en varios proxectos e tamén profesor nos cursos de doutorado, o enxeñeiro August E. Komendant.

Komendant escribiu un dos libros máis interesantes sobre Kahn, principalmente por ofrecernos un testemuño directo do traballo co arquitecto, afastándose da mixtificación que se foi forxando posteriormente en torno á súa figura, e que serve para coñecer mellor e valorar a súa calidade como profesional e como docente.

O último capítulo dedícase a recordar os anos compartidos na universidade, onde Kahn formulaba os proxectos académicos do seguinte modo:

«Non había programa, tan só se daban algúns datos referidos ás necesidades e un prazo de entrega. Os estudantes tiñan man libre para elaborar os seus propios programas e establecerse un calendario»1.

En otro de sus textos, tomado das conversacións cos estudantes de Rice, afirma que «programa» é unha palabra demasiado aburrida:

«Trátase de comprender a natureza dun conxunto de espazos onde é bo facer algo en concreto»2.

Para Kahn a universidade debía ser a institución máis importante da cidade:

«O seu crecemento e calidade, é a medida da cidade, e farase sentir no funcionamento, as actitudes e a moral. Hoxe en día, os intereses e os desexos dos profesionais estendéronse e diversificaron en boa medida, pero non hai ningún lugar onde os profesionais dos distintos campos se poidan reunir e facer públicas as súas opiniones»3.

Esa idea non impedía que se mostrase crítico con determinados aspectos da docencia universitaria, como aquelas escolas de arquitectura que tiñan profesores «sen dedicación ao ensino nin experiencia e cun nivel de coñecementos por debaixo do mínimo»4. O docente debía ser esencialmente alguén que non só soubese cousas, senón que sentise cousas, «que pode reconstruír o universo simplemente con mirar unha palliña de hierba»5, deixo escrito.

Komendant insistía na relevancia que debería ter a universidade dentro da sociedade e defendía dous aspectos fundamentais en calquera actividade profesional, especialmente significativos no ensino superior: o coñecemento e a inspiración:

«Nunha universidade, unha institución para a aprendizaxe superior, o coñecemento ten un significado máis amplo; inclúe, ademais do coñecemento fáctico, a comprensión do que significan as verdades e os feitos. Débese ensinar e preparar o estudante para que pense por si mismo»6.

Ao enxeñeiro chamáballe a atención a dedicación que Kahn outorgaba á universidade. A pesar do apurada que era a súa situación económica e da presión dos prazos que tiña no seu estudo profesional, sempre estaba alegre e animado nas súas clases. E cando Komendant lle preguntaba como era capaz de conseguilo, respondíalle:

«Cando estou cos meus alumnos e lles ensino arquitectura, son feliz e esquéceseme todo o demás»7.

Antonio S. Río Vázquez . Doutor arquitecto

A Coruña. xaneiro 2015

Notas:

1 August Komendant, 18 años con el arquitecto Louis I. Kahn (Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2000), p. 241

2 Louis I. Kahn, Conversaciones con estudiantes (Gustavo Gili, 2002), p. 30

3 Komendant, op. cit., p. 240

4 Komendant, op. cit., p. 250

5 Kahn, op. cit., p. 67

6 Komendant, op. cit., p. 225

7 Komendant, op. cit., p. 252

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, faro

Tags: , , , , , , , , , , , , ,