Presentacions Proxecto N-550 y documental N-VI

Proxecto N-550 e Diplodocus Producións teñen o pracer de convidarvos á presentación dos dous primeiros capítulos do proxecto N-550 e do documental N-VI de Pela del Álamo.

O proxecto N-550 pretende ser un lugar de encontro para a análise territorial e diversas accións artísticas. Nace co propósito de indagar sobre a cidade que se espalla inexorablemente por gran parte da xeografía, esa urbe que algúns teóricos coinciden en cualificar de difusa, outros de fragmentada e incluso algúns de global. No caso de Galicia, poderíase dicir que esta se formula ó redor de grandes infraestruturas, como son a Autoestrada AP-9, o eixo ferroviario Norte-Sur, ou tamén, aquela máis doméstica como a Nacional 550, que se comporta como fío argumental deste traballo. Partindo da premisa Baudeleriana de atopar o “extraordinario no ordinario”, e como escribiron Robet Venturi e Denise Scott Brown, para este estudo reivindicamos unha viaxe na que un se desfamiliariza dos seus argumentos e se reformula cousas a través do que descubre.

Proxecto N-550. Da estrada á rúa.

N-VI // trailer from Diplodocus Producións

“Antes viaxabamos por estradas que atravesaban lugares habitados. Hoxe, aquelas estradas foron substituídas por autopistas illadas da paisaxe que atravesan. Durante moito tempo, a N-VI foi unha das estradas máis importantes de España. Unía Madrid con Galicia ao longo de 600 km. Agora a autovía A-6 cobre todo o traxecto. Algúns tramos da vella N-VI desapareceron, outros quedaron case abandonados, como illas á deriva, quilómetros de asfalto que empezan e terminan en ningures, e con eles as aldeas e pobos que atravesaban. Lugares de paso onde aparentemente xa non ocorre nada. Nas marxes daquela estrada,  permanecen os seus habitantes, cuxas vidas quedaron encalladas nun presente sen demasiado futuro, desconectadas entre si, como compartimentos estancos nos que cada un dialoga ao seu xeito co paso do tempo.”

N VI, Pela del Álamo

As presentacións terán lugar en:

A Coruña,

Martes, 24 de Xullo

20.00h en The Room.

r/ Santiago nº7

[mappress mapid=”64″]

Vigo

Venres, 27 de Xullo

20.00h na Sala de Xuntas de la Delegación de Vigo del Colexio de Arquitectos de Galicia

r/ Doutor Cadaval nº5, baixo

[mappress mapid=”63″]

Ao terminar, convidarémosvos a unhas cañas e algo de picar.

Faríanos moitísima ilusión poder vervos alí a todo.

+ n550proxecto.wordpress.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cine, conferencias, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , ,