Premios FAD de Arquitectura e Interiorismo 2014

ARQUIN-FAD convoca os Premios FAD 2014. O ámbito dos premios é a península Ibérica e as illas de España e Portugal. Poden optar os traballos realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013. Este ano, a novidade máis destacada é a inclusión dunha convocatoria de ámbito internacional que ten como obxectivo recoñecer a arquitectura de calidade proxectada na Península e construída noutros lugares do mundo. A importancia crecente deste proceso de internacionalización pon de manifesto a conveniencia duns premios que incorporen, valoren e difundan o traballo que os profesionais españois e portugueses fan máis alá das súas fronteiras.

Esta nova modalidade contará coas mesmas categorías que os Premios FAD: Arquitectura, Interiorismo, Cidade e Paisaxe e Intervencións Efémeras. Poden optar todos os estudos coa sede principal en España e Portugal. O ámbito dos premios é mundial. Nesta primeira convocatoria e para recoller un panorama amplo das obras realizadas polos arquitectos peninsulares por todo o mundo poderanse presentar as obras rematadas entre o 2011 e o 2013, ambos os dous inclusive, entre as que o xurado dará unha lista de seleccionados e finalistas, estes últimos con opción a gañar o PREMIO FAD 2014 INTERNACIONAL.

O xurado dos Premios FAD 2014 está integrado por Ramon Sanabria (presidente), e os vogais Ángela García de Paredes, Marcos Catalán Francisco Belart, Ricardo Bak Gordon e Esther Brosa. O Premio FAD 2014 Internacional contará cun xurado á parte, composto por: Stephen Bates, Jordi Farrando e Emilio Tuñón.

O prazo para a proposta de obras e presentación do correspondente material finalizará o mércores 29 de xaneiro de 2014. O veredicto do xurado darase a coñecer o 3 de xullo de 2014, durante o FADfest.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,