Premio Mies van der Rohe 2013 [finalistas]

A Comisión Europea e a Fundación Mies van der Rohe anunciaron os cinco finalistas que competirán polo Premio 2013 da Unión Europea de Arquitectura Contemporánea – Premio Mies van der Rohe. En total foron nomeadas para o Premio 335 obras dos 37 países europeos que participan no Programa Cultura da UE. Un xurado de expertos elaborou a lista definitiva de finalistas. O ganador do Premio e a Mención Especial Arquitecto Emerxente daranse a coñecer a principios de maio e a cerimonia de entrega celebrarase o 6 de xuño no Pabellón Mies van der Rohe de Barcelona, España.

«Desexo felicitar a todos os arquitectos que foron nomeados e, en particular, aos finalistas. A arquitectura europea atesoura un enorme talento e constitúe un brillante exemplo do dinamismo dos nosos sectores culturais e creativos. Ao mesmo tempo, somos conscientes de que a arquitectura ten que facer fronte a importantes retos froito da crise económica. A Comisión Europea e a Fundació Mies van der Rohe manteñen o seu compromiso de apoiar a este sector, que contribúe tan significativamente á economía e á creación de emprego, ademais de crear beleza e ser un motor da cohesión da nosa sociedade. Continuaremos apoiando a arquitectura, incluído este premio, grazas ao futuro Programa Europa Creativa», declara Androulla Vassiliou, Comisaria europea de Educación, Cultura, Multilingüismo e Mocidade.

Os cinco finalistas son:

· Conello de Gante, Bélgica

Robbrecht en Daem architecten; Marie-José Van Hee architecten

· Superkilen, Copenhague, Dinamarca

BIG Bjarke Ingels Group; Topotek1; Superflex

· Harpa – Auditorio e Centro de Congresos de Reikiavik, Islandia

Batteríid architects; Henning Larsen Architects; Studio Olafur Eliasson

· Residencia para anciáns, Alcácer do Sal, Portugal

Aires Mateus Arquitectos

· Metropol Parasol, Sevilla, España

J. Mayer H.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , ,