Premio Juana de Vega de Arquitectura 2015 · CREUSeCARRASCO

A sede da Fundación Juana de Veiga acolleu o pasado 13 de novembro o acto de lectura do fallo e entrega do Premio Juana de Vega de Arquitectura 2015. Consolidado como un dos máis destacados do sector e creado pola Fundación Juana de Vega para recoñecer o labor dos arquitectos que, cos seus proxectos, contribúen a mellóraa de calidade paisajística de Galicia. Nel prémiase a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, terminada no ano natural anterior á convocatoria, neste caso 2014.

Os integrantes do xurado desta edición foron o decano do COAG, Antonio Maroño Cal (presidente); a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre (secretaria) e os vocales Enrique Sáez (presidente da Fundación Juana de Veiga); Fernando Agrasar (director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC), así como Gonçalo Byrne, Salvador Fraga, Manuel Caamaño e Xavier Seoane.

O xurado concedeu o Premio Juana de Veiga de Arquitectura á Casa Chao situada no casco histórico de Corcubión (A Coruña, Galicia, España) dos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco. Tamén se concedeu un accésit e mención especial a outras dúas vivendas. O primeiro deles para a vivenda, Choupana House, situada en Cálea Luís Vázquez Parga, nº 9 en Santiago de Compostela (Galicia, España) de 2é _oficina de arquitectura. Mentres que a mención especial foi para casa situada na Ferreirúa (Nogueira de Ramuín) na Ribeira Sacra (Galicia, España) do arquitecto Quico Jorreto.

Producción: Fundación Juana de Vega
Dirección: lasonceymedia and veredes
Guión: Borja López Cotelo
Montaje: Marcos Flórez
Fotografía: Carlos Álvarez

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,