Peter Greenaway (I). Arquitectos e Cineastas | Jorge Gorostiza

  libro publicado por Editorial Cátedra-

Peter Greenaway

Na serie de textos que denominei Arquitectos e Cineastas e que relacionan a realización dunha película coa construción dun edificio, hei ir publicando algúns de directores, como Ingmar Bergman, Walerian Borowcyk, René Clair, John Ford, Amos Gitai e Dziga Vertov; dunha actriz, Viola Dana e dun investigador, Sigfried Giedion.

Hai pouco reencontrei un texto de Peter Greenaway, un artista que nunca puido considerarse só un cineasta e que me interesa moito desde que vin nunha sesión nocturna dos Alphaville O contrato do debuxante, despois, a finais dos anos oitenta, estiven un ano da miña vida profundando na súa obra -o froito desa investigación foi un libro publicado por Editorial Cátedra– a partires de entón non puiden deixar de interesarme polas moitas e diversas actividades que desenvolveu e, de feito, escribín algúns artigos sobre as súas últimas obras e dei algunha conferencia -é moi posible que en outubro deste ano imparta outra- sobre a súa complexa traxectoria, que vai desde a súa época xuvenil como montador cinematográfico á actual en que dá concertos multitudinarios como video-jockey.

O texto de Greenaway pertence a unha entrevista realizada cando estreou O ventre dun arquitecto -por certo, aquí hai un artigo meu moi antigo sobre esta película- e é o seguinte:

«Paréceme tamén que hai unha clara analoxía entre o proceso de fabricación dunha película e o dun edificio… como os reali­zadores os arquitectos conciben grandes proxectos que poñen en xogo importantes presupostos e que rematan por non se realizar nunca. Ademais en torno ás dúas profesións encóntrase a mesma mostra heteroxénea de personaxes: produtores, financie­ros, organizadores, críticos, público, etc. Despois de empregar tempo, diñeiro, e imaxinación, tanto o arquitecto coma o realizador, poden, a fin de contas, ver como se bota a perder o seu proxecto.».

É certo que, como dicía Greenaway, os personaxes, ás veces maquiavélicos, que rodean tanto os cineastas coma os arquitectos, poden frustrar as súas intencións, pero tamén é certo que a miúdo esas intencións son nefastas e é máis beneficioso para a sociedade -penso, sobre todo, nos arquitectos- que non se finalice.

Jorge Gorostiza, arquitecto. Autor do blogue Arquitectura+Cine+Ciudad

Santa Cruz de Tenerife, abril 2012

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,