Neoplástico | Antonio S. Río Vázquez

Ray Eames ca maqueta da sua casa | Fotografía: Peter Stackpole | images.google.com

No ano 2008, Lego presentou a Torre Sears de Chicago dentro da sua línea «Architecture», primeira obra dunha serie que se desenrolaría nos anos siguentes co museo Guggenheim de Nova York, a ópera de Sídney utres paradigmáticas da modernidade: a Casa da Fervenza de Frank Lloyd Wright, a Casa Farnsworth de Mies van de Rohe e a Villa Saboya de Le Corbusier.

A serie dividiuse en dúas categorías: «Arquitectos» e «Fitos», a primeira englobando arquitecturas destacadas da modernidad e a segunda monumentos, independientemente da súa antigüidade. En ambos casos, o constructor podería elaborar unha réplica a escala da obra orixinal, utilizando para iso as pezas tradicionais da compañía.

Sen embargo, a orixe da serie remóntase a fai cincuenta anos, cando Godtfred Kirk Christiansen —entonces director da compañía— decidiu buscar novas formas de expansión do sistema Lego. A década dos cincuenta supuxo o salto definitivo hacia o uso do plástico frente a madeira coa que comenzaron e a concreción dosistema de ensamblaxe mediante os coñecidos ladrillos, cuia patente queda rexistrada en 1958. A gran aceptación popular que tiña o sistema e as suas infinitas posibilidades con mínimos elementos convertíano nun mundo por explorar e construir.

En Estados Unidos, o mesmo tempo, estábase desenvolvendo o programa das Case Study Houses, principalmente en torno a la cidade de Los Ángeles. Promovido por John Entenza dende a revista Arts & Architecture, levóuse a cabo entre 1945 e 1966, implicando a un importante número de arquitectos entre os que figuraban Richard Neutra, Craig Ellwood, Pierre Koenig o Charles y Ray Eames.

Dende o seu inicio, o programa buscaba unha nova plástica para a vivenda americana. Cada arquitecto debía asumir a responsabilidade de deseñar unha casa de baixo custo que se axustase á normativa de construción vigente, que fose capaz de repetirse con mínimas variacións noutros lugares e que non se convertese nunha «performance» individual.

En base a esas regras de xogo, proxectáronse trinta e seis prototipos, aínda que non todos chegaron a facerse realidade. Os arquitectos empregaron materiais doados pola industria e combináronos de xeito experimental, dando lugar a unha rica e ampla variedade de vivendas. Nalgunha delas os autores foron tamén os seus habitantes, como sucedeu na casa Eames.

En 1962 Lego lanzou o mercado tres caixas denominadas «Modelos a Escala». Usando os mesmos ladrillos que estaban triunfando no mercado, ofrecían a posibilidad de deseñar unha casa moderna. Xunto os elementos existentes incorporáronse pezas planas (cuia altura era un tercio do ladrillo) que permitían elaborar modelos más detallados.

A caixa incluía un escalímetro e unha retícula base, aproximando aínda máis o xogo ao traballo do proyectista real. As imaxes que se mostraban como inspiración poderían pertencer perfectamente ao programa de Case Study Houses que se estaba desenvolvendo paralelamente, ata no seu cromatismo, que se reducía a pezas brancas, negras, grises, vermellas e azuis, ademais das transparentes. A partir de aí, o resultado quedaba aberto aos desexos do autor. O libro de instrucións aínda tardaría en chegar.

antonio s. río vázquez . arquitecto

a coruña. febreiro 2013

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río, artigos

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,