Monolito na praia | Carlos Zurdo-Jesús Barrera-Domingo Barrios-Fernando Molina

mep_04_fin01

Monolito na praia pretende ser un intento por materializar e habitar un concepto espacial.

Sen “grosores”, os conceptos son conxuntos de liñas (que por finas, inmateriais, pretenden ser case de tinta) e planos “sen espesor” (de papel?…) encerrando un espazo que só podemos imaxinar.

A pouco que queiramos ver de que están feitos, como se sosteñen… esvaécense… Só co debuxo conseguimos achegarnos… como a medio camiño entre a imaxinación e a realidade.

A éso aspira Monolito na praia.

A estar a medio camiño entre “ser un produto da cabeza” e de selo “das mans”.

O concepto no debuxo, representado polo elefante de puntillas grazas á ilustración de Arístides Artal (Debuxos de “Visión Interior“), pretende plasmar “o irrepresentable”; o intocable que son as ideas “en estado ideal” e o moito que “pesan” cando as intentamos materializar.

Obra: Monolito na praia
Emprazamento: Punta Umbría, Huelva, España
Autores: Carlos Zurdo, Jesús Barrera, Domingo Barrios, Fernando Mariano Molina León
Dataa: 26 de xullo de 2015.
Fotografía: Fernando Mariano Molina León
+ fernandomolinarquitecto.blogspot.com.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, efimera, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,