Modelos de Ulm | Antonio S. Río Vázquez

Taburete Ulmer Hocker (1954) e Xarra RZ-2 (1967)

Hoxe visitei a exposición Modelos de Ulm 1953-1968. O deseño da nova Alemaña na sala de exposicións do conxunto histórico de Sargadelos (Cervo, Lugo). A mostra expúxose como conmemoración do cincuenta anos da fundación da Escola de Deseño de Ulm (Hochschule für Gestaltung / Hfg Ulm), unha institución dedicada ao ensino, a investigación e o desenvolvemento en todas as escalas do deseño: desde o deseño da información á arquitectura. Esta escola tería ilsutres profesores como Otl Aicher, Tomás Maldonado or Max Bill, e herdaría dunha maneira tan directa como crítica moitos dos principios académicos da Bauhaus.

Resulta simbólico gozar desta exposición nun marco tan significativo como é a antiga fábrica de Sargadelos, no lugar onde durante o século XIX se produciu un dos momentos máis importantes na historia do deseño industrial en Galicia: O espírito ilustrado de Antonio Raimundo Ibáñez logrou, coa súa empresa de louza, satisfacer unha necesidade de mercado vinculándoa aos recursos propios da zona. Contará coa primeira siderurxia integral da península e converterase na primeira manufactura cerámica que introduciu en España sistemas mecánicos de produción.

No ano 1968, e como parte dun amplo proxecto iniciado no exilio da man de Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane López, restáurase a actividade industrial en Sargadelos. Ese proxecto incorporaría investigación, creación, debate, divulgación… dende o deseño editorial ata a arquitectura dos novos centros de produción. Ao igual que os modelos de Ulm en Alemaña, o modelo de Sargadelos serviría para conducir a Galicia cara á modernidade do xeito que defendía o seu primeiro impulsor Raimundo Ibáñez:

«A poboación é a que constitúe a riqueza e a forza dos Estados. Non pode soster o progresar senón por medio da industria, fábricas, comercio e navegación, cuxos ramos son o poderoso axente da industria, que é a primeira, a máis esencial e indispensable das artes».

antonio s. río vázquez . arquitecto

a coruña. agosto 2011

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, artigos

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,