Metagénesix:Nova arquitectura de Galicia

Culturona, Palácio dous Laguares.Rúa Professor Sousa dá Câmara 156, Lisboa. Desde o 30 de setembro ao 16 de outubro de 2011. Esta exposición é unha mostra da arquitectura que actualmente se realiza en Galicia. Trátase dunha selección de obras de 10 estudos de arquitectos galegos da xeración X [nacidos na década dos 70] que presentan unha concepción e aproximación á arquitectura capaz de dar resposta aos retos actuais da arquitectura global, a partir de trazos específicos locais propios do seu territorio e da súa cultura (tradición construtiva, recursos materiais, valores, etc).

Este conxunto de eventos inscríbense na rede europea “Import/Export” que pretende dar visibilidade ás arquitecturas locais de novos Arquitectos entre 30 e 40 anos de diferentes países do continente. Import/Export é parte integrante dos Ciclos de Arquitectura de NOGO, project-room e think-tank para a Arquitectura e a arte Contemporánea, Lisboa. O día 29 de Setembro a Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnologias alberga un Simposio onde se debaterá sobre o Paralelismo coa práctica portuguesa da mesma xeración de arquitectos. Do 30 de Setembro a 16 de Outubro a Culturona acolle a exposición.

PROGRAMA:

Conferencias 16:30h – 19:30h.

Universidade Lusófona. Campo Grande 376 Lisboa

16:30 João Sequeira (ULHT ) Presentación del evento.

16:35 Trespes Arquitectos Introducción del proyecto Metagénesix.

16:45 Alfredo Sirvent

17:15 Marta Somoza-OTM Allariz

Intervalo

18:00 Arrokabe Arquitectos

18:30 Oxíxeno Arquitectura

19:00 Ansede Quintáns Arqtos

Debate 19:30h

Universidade Lusófona

Paralelismo coa práctica portuguesa da nova xeneración.

João Sequeira (Moderador)

Jorge Figueira (FAUP / DARQ)

Luís Santiago Baptista (arqa)

Maximina Almeida+Telmo Cruz [MxT Studio]

João Costa Ribeiro+João Ferrão (Extrastudio)

Exposición 20.00h

30 de Setembro o 16 de Outubro de 2011

Alfredo Sirvent: Vigo – a.sirvent@coag.es

Ansede Quintáns Arquitectos: Santiago – info@ansedequintans.com – www.ansedequintans.com

Arrokabe Arquitectos: Santiago – arquitectos@arrokabe.com – www.arrokabe.com

Castroferro Arquitectos: Vigo – info@castroferro.com – www.castroferro.com

Estudio ERBA: Ourense – erba@coag.es – www.estudioerba.com

Estudio Nómada: Santiago – nomada@estudionomada.es – www.estudionomada.es

Marta Somoza-O.T.M. Allariz: Allariz – martasomoza@coag.es

Oscar Pedrós: A Coruña – opedros@coag.es – www.oscarpedros.com

Oxíxeno Arquitectura: Ferrol – oxixeno@oxixeno.com – www.oxixeno.com

UMU Estudio: Lugo + A Coruña – oscaralba@coag.es – www.umuestudio.com

O espazo blogue www.metagenesix.blogspot.com, contén xa contidos, coma Novas, Programa en Lisboa, Proxectos seleccionados, Directorio de contactos tanto de organizadores como estudos e Sección de Prensa onde se mostrará a información xerada sobre Metagénesix.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , ,