A cidade invisible | Antonio S. Río Vázquez

Imaxe do Arquivo Histórico Municipal de Betanzos

Esta semana —coincidente coa celebración da Semana da Arquitectura en Coruña— tiven a oportunidade de participar no II Ciclo de conferencias sobre restauración do patrimonio arquitectónico organizado polo Departamento de Composición da Universidade da Coruña.

Esta segunda edición tiña como tema «A cidade histórica», e homenaxeaba ao profesor Fernando Chueca Goitia ao cumprirse cen anos do seu nacemento. Os inivitados Ferdinando Maurici e Fernando Branco faláronnos das cidades islámicas en Sicilia e Portugal respectivamente, mentres que Pedro Navascués e José Ramón Alonso lembráronnos a relevancia de Fernando Chueca como arquitecto, como docente e, sobre todo, como persoa.

Nas conferencias de inauguración e clausura, o catedrático José Ramón Soraluce e eu explicamos a problemática da cidade histórica en dous casos galegos: Allariz e Betanzos, para completar este último cunha visita na xornada final e poder observar in situ as diferentes actuacións.

Na miña intervención sinalei que, a diferenza doutros relatores, non coñecín persoalmente a Fernando Chueca, non obstante, considérome un discípulo seu a través de dúas vías: primeiro, pola influencia dos seus traballos -dos que sempre destaquei o seu carácter profundamente didáctico- e segundo, mediante os meus profesores, que foron á súa vez discípulos directos de Chueca e así quixérono recoñecer abertamente ao longo das súas clases.

Durante o relatorio, presentei a cidade histórica como un patrimonio vivo; un patrimonio ao que lle afectan os problemas dos cidadáns que demandan a cidade sobre a historia, e que, ao mesmo tempo, posúe os seus propios conflitos, inherentes á súa condición de historia e cos que os cidadáns deben convivir diariamente.

Considerando o patrimonio como algo vivo, convén recordar os tres tempos nos que Séneca dividía a vida e trasladalos ao concepto do patrimonio: Pasado, presente e futuro.

«Destes -dicía Séneca- o presente é breve; o futuro, dubidoso; o pasado, certo».

O patrimonio posúe tamén eses tres momentos, cada un coa súa problemática diferenciada pero complementaria: O pasado supón o problema da conservación, de saber recibir axeitadamente aquilo que nos legan as xeracións precedentes. O presente supón o problema do mantemento, do uso, da acción inmediata. O futuro supón o problema de decidir o noso propio legado, e tamén aquilo que, como arquitectos, nos toca máis próximos: o problema do proxecto, de prefigurar a súa existencia vindeira.

Rematei a miña intervención co convite á visita do día seguinte, un convite tomado de As Cidades Invisibles e, con permiso de Calvino, modificando o nome da protagonista. Ese convite finalizaba co seguinte texto:

«Para non decepcionar os habitantes fai falta que o viaxeiro eloxie a cidade das postais e a prefira á presente, aínda que coidándose de conter dentro de límites precisos o seu pesadume ante os cambios: recoñecendo que a magnificencia e prosperidade de Brigantia convertida en metrópole, comparada coa vella Brigantia provinciana, non compensan certa graza perdida, que non obstante se pode gozar agora só nas vellas postais, mentres que antes, coa Brigantia provinciana diante dos ollos, de gracioso non se vía realmente nada, e moito menos veríase hoxe se Brigantia tivese permanecido igual, e que de todos os xeitos a metrópole ten este atractivo máis: que a través do que chegou a ser pódese evocar con nostalxia o que foi».

antonio s. río vázquez . arquitecto
a coruña. outubro 2011

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, artigos

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,