Jornadas de Jardinería de Galicia. Espacios verdes recreativos.

Expertos internacionais en deseño do espazo público de España, Holanda, Francia e Portugal daranse cita en Ourense o venres 19 e o sábado 20 de febreiro para debater sobre a creación de espazos verdes recreativos. As Xornadas de Xardinería de Galicia celébranse por sexto ano consecutivo coa participación de profesionais como Michel Viollet, paisajista director do proxecto de Eurodisney, o recoñecido paisajista holandés Sigrun Lobst e o arquitecto Federico Climent, Xefe de Proxectos Urbanos do Concello de Palma de Mallorca, entre outros.

Máis de 400 arquitectos, paisajistas, pedagogos, urbanistas, técnicos municipais e profesionais do mundo do xogo participarán nas xornadas, que están abertas ao público en xeral. O comité científico, dirixido por Carlos Javier Cárcamo, está integrado por Carlos Ávila, responsable de paisaxe da Expo de Zaragoza; Niek Hazendonk, paisajista do Ministerio de Medio Ambiente de Holanda, Paulo Farinha Marques, director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Paisaxe da Universidade de Oporto; José Crespí, director do proxecto para o Xardín Botánico de Galicia de Montealegre.

O obxectivo do encontro profesional é xerar un debate sobre o potencial das áreas verdes para o ensino, xa que, a xuízo do comité científico, a creación de medios axeitados incide no desenvolvemento dos sentidos, da percepción e comprensión da sociedade e a natureza, aspectos fundamentais a ter en conta no deseño de espazos destinados a xogos infantís.

As xornadas programáronse en 5 sesións diferentes: O xogo como concepto, Atlánticos Emerxentes, sección fixa que se desenvolve por segundo ano para pór de relevo o traballo dos técnicos que, desde unha área local, realizan formulacións de interese universal; Natureza e Recreo; O deseño de espazos de xogo e As outras escalas: grandes espazos recreativos.

Na área Natureza e Recreo, o director xeral da empresa de deseño e fabricación de parques infantís GALOPÍN, José Manuel Iglesias Vilas, presentará e moderará a mesa redonda “Os xogos infantís a debate”, en que intervirán expertos nacionais, de Holanda e Portugal. Máis de 2000 profesionais vinculados ao deseño do espazo público participaron nas cinco primeiras edicións.

O alcalde de Ourense, D. Francisco Rodríguez, inaugurará as xornadas o venres, ás horas 9.30 , no Auditorio Municipal de Ourense (C/ Da Canle 2 – Esquina C/ Emilia Pardo Bazán). As sesións serán de mañá e tarde. As inscricións e ampliación de información pode realizarse no Concello de Ourense. Concellaría de Medio Ambiente (Praza de San Martiño 1, 3º)

+ www.ourense.es

Mail: zonasverdes.xornadas@ourense.es / T.: 988 388 135 / 606 985 871

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cursos-talleres, evento

Tags: , , , ,